Hoxe, 27 de xaneiro, conmemoramos o Día Internacional en memoria das vítimas do Holocausto: unha data para lembrar todas as vidas perdidas e a barbarie cometida polos nazis contra o pobo xudeu.
Rompe o corazón vercómo a comunidade que sufriu o horror do xenocidio está agora protagonizando unha ofensiva devastadora contra Palestina. Por eso pedimos que remate o sufrimento en Gaza e Cisxordania. Que pare o ataque contra o pobo palestino.
No vídeo de hoxe, compartimos convosco varias lecturas recomendadas que axudan a comprender e lembrar esa parte da nosa historia. Pois "quen non coñece a historia está condenado a repetila" (George Santaya).
Pódese participar ata en 16 modalidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cocina, creación de contido
1º premio: 2.000 euros
2º premio: 1.500 euros
3º premio: 1.000 euros
Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.
🌈🌈 O 1 de abril é o Día do Libro LGTBIQA+.
E para celebralo, durante este mes temos na biblioteca unha selección de lecturas que reflexan a marabillosa diversidade que existe!!
Ven escoller o teu exemplar e coméntanos que che pareceu!
Hoxe celébrase o día do teatro, e temos novas adquisicións que vos poden interesar e que queremos compartir con vos:
Iribarne, de Esther F. Carrodeguas: unha obra teatral algo irreverente no que, coa excusa de acompañar a Fraga Iribarne polos diferentes cargos públicos que vai ocupando, faise unha crítica da transición, de cómo hemos chegado ata aquí
Identidade, de Nee Barros: unha curta obra de teatro na que coñecemos a Ze, un neno trans que busca a súa identidade, nun mundo que o oprime e limita a súa liberdade de ser. Zé será quen de amosarlle ao mundo que dá igual como te vexan os demáis.mo te vexan os demais.
O charco de Ulises, de Santiago Cortegoso: unha versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico, a Galiza. A obra aborda o tema da emigración galega dun xeito poético.
Todos pájaros, de Wajdi Mouawad: conta a historia dunha parella que sofre o rexeitamento das súas familias, xa que él é alemán de orixe israelí e ela árabe de orixe marroquí. Tras sufrir un atentado terrorista que deixa ao home en coma, as dúas familias están obligadas a encontrarse.
Impro: 90 juegos de improvisación teatral, de Alfredo Mantovani e outros: un libro sobre a arte da improvisación teatral, que pretende ser unha axuda para dominala e fomentar a espontaneidade e a creatividade.
Estas e moitas mais obras relacionadas co teatro están a vosa disposición na biblioteca!
Ademáis, nesta ligazón tes acceso á selección de recursos relacionados co mundo do teatro elaborada pola plataforma elbe2, a que todos tedes acceso. Se non lembras o teu usuario y/ou contraseña ou se precisas axuda no seu uso, o persoal e os voluntarios da biblioteca estarán alí para axudarvos.
Hoxe celébrase en España por terceiro ano o Día do Cómic e do Tebeo, unha data para destacar o poder da banda deseñada como ferramenta de cultura, reflexión e entretemento..
A data escollida ven motivada polo feiro de que foi xusto un 17 de marzo cando se publicaba o primeiro número da revista TBO.
O cartel de este ano foi deseñado pola galega Bea Lema, a flamante gañadora do Premio Nacional do Cómic 2024 polo libro "Él cuerpo de Cristo", obra que segue acadando premios como o Prémio do Público do Festival de Angulema, ou o Prémio Bédélys do Festival de Comic de Montreal.
Podedes atopar na nosa biblioteca a obra de Bea Lema, firmada pola autora, así como moitos mais obras moi interesantes na nosa crecente colección de banda deseñada. No expositor da entrada tedes unha escolma dalgúns dos títulos máis demandados. Escolle o teu e lévao para a túa casa!
É tempo de reflexión e de loita, de non retroceder perante esa forza con cheiro a Varón Dandy que se propaga, de defender os dereitos conseguidos. É tempo de medrar interiormente, de seguir sendo valentes, de facer o noso traballo. É tempo de unión, de apertar os puños con rabia para romper os teitos de cemento, de despegar os pés dese chan pegañento onde nos queren ver silandeiras. É momento para alzar a voz, para que se nos escoite. Até o día en que o machismo sexa unha lembranza do pasado...todos os días son 8m.
Este San Valentín, o equipo de voluntariado da biblioteca preparou unha selección de lecturas perfectas para explorar o amor en todas as súas formas. Desde historias románticas cheas de emoción ata libros que axudan a comprender as relacións saudables, aquí tes as súas recomendacións:
📖 Romper el hielo (Maple Hills 1), de HannaH Grace: unha novela de romance xuvenil con diálogos enxeñosos e unha historia que combina o amor e o deporte.
📖 Manga Boyfriends (vol. 1 e 2), de Refrainbow: unha lectura diversa e entrañable sobre a amizade, o amor, o o poliamor e a autoaceptación.
📖 Donde todo brilla, de Alice Kellen: unha historia sobre o amor propio, os soños e a importancia de atopar o noso camiño.
📖 Las mujeres que aman demasiado, de Robin Norwood: un ensaio imprescindible para reflexionar sobre as relacións tóxicas e o amor desde unha perspectiva psicolóxica.
📖 Me quiero, te quiero, de María Esclapez: unha guía para comprender mellor as relacións e construír vínculos sans e equilibrados.
📖 Que sea amor del bueno, de Marta Martínez Novoa: un libro que nos invita a identificar os mitos do amor romántico e a apostar por relacións baseadas no respecto e na liberdade.
📖 Te esperaré, de Jenniffer L. Armentrout, é unha novela romántica na que Avery, fuxindo dun pasado traumático, comeza unha nova vida universitaria. Alí coñece a Cam, que con paciencia e cariño axúdalle a superar os seus medos e a abrirse ao amor.
📽️ Podes ver no noso vídeo coas recomendacións feitas polo noso equipo de voluntariado. Anímate a descubrir estas lecturas na biblioteca! ❤️📚
O 27 de xaneiro de 1945 producíase a liberación do campo de concentración nazi de Auschwitz-BirkenauHoxe, fai hoxe 80 anos. Por eso, hoxe recordamos as vítimas do holocausto e reflexionamos sobre a historia para non esquecela nunca. Na nosa biblioteca atoparás estes libros que axudan a comprender esta traxedia. 📚
"El hombre en busca de sentido" - Viktor Frankl
Un poderoso testemuño sobre a experiencia do autor nos campos de concentración e como atopou un propósito mesmo no sufrimento.
"El niño con el pijama de rayas" - John Boyne
Unha historia de amizade entre un neno alemán e un neno xudeu no contexto do campo de exterminio de Auschwitz.
"El diario de Ana Frank" - Anne Frank
As vivencias dunha adolescente xudía que se agochou coa súa familia para escapar da persecución nazi.
"Maus" - Art Spiegelman
Unha novela gráfica que relata a supervivencia do pai do autor en Auschwitz, mesturando historia e arte.
"Cuando Hitler robó el conejo rosa" - Judith Kerr
Unha conmovedora narración sobre unha nena xudía que foxe coas súas raíces cando o nazismo ascende ao poder.
"Jesper" - Carol Matas
A historia dun rapaz que forma parte da resistencia contra os nazis en Dinamarca, poñendo en risco a súa vida para salvar a outros.
A lectura non só e unha actividade de entretemento, senón que hai historias que sanan, que serven de inspiración e guía nos momentos difíciles.
Estes son algúns dos libros dispoñibles na biblioteca do CIFP A Farixa, na seccion de biblioterapia: libros que curan:
Ven a polo teu exemplar!!!
Ilustración feita por @carolineselmes
Os días internacionais están marcados pola ONU para lembrarnos situacións ou feitos que nos implican a todas as persoas. É preciso espertar do letargo ante a magnitude da traxedia e comprender que esta crise humanitaria e de humanidade que está a sufrir o pobo palestino interpélanos a cada un de nós.
Se queres profundar no tema, vén e colle na nosa biblioteca o cómic "Palestina", de Joe Sacco!
Sacco utiliza este cómic para narrar as súas experiencias persoais e as historias das persoas que coñeceu nas súas viaxes á zona. A obra non se centra só nos eventos políticos, senón tamén nas historias humanas, mostrando a complexidade do conflito e as súas distintas perspectivas. Esta obra é considerada peza clave da corrente coñecida como xornalismo historietista ou cómic xornalístico e sérvenos para entender de maneira accesible o papel que Oriente Medio xogaba e xoga na xeopolítica contemporánea.
O equipo de biblioteca xunto co euipo de voluntariado da biblioteca tráenche estas recomendacións de lectura e de xogos para levar a casa este nadal.
Escolle a túa lectura ou xogo e ven por eles!!
Encántache ler e buscas novas formas de mergullarche no mundo das letras? Os podcasts literarios son a resposta!
Nesta entrada propoñémos unha selección de podcasts sobre libros e literatura, para que atopes o acompañante perfecto para os teus intres libres.
Un libro una hora: este é o podcast para quen busca resumos concisos e entretidos de clásicos e novidades literarias.
Librorum: Ideal se buscas análises profundas de obras literarias e conversacións con escritores.
El vuelo del cometa: se te apasiona a ciencia ficción, este é o teu destino.
La milana bonita: un podcast cun toque feminista, onde se analizan obras escritas por mulleres e visibilízanse voces femininas na literatura.
punzadas sonoras: un pódcast a cargo de las filósofas Paula Ducay e Inés García
Esta semana, celebramos a Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI), unha ocasión ideal para desenvolver a nosa capacidade de pensar de maneira crítica e responsable ante a información que consumimos cada día.
A AMI é clave para fomentar que o noso alumnado aprenda a identificar fontes fiables, detectar noticias falsas, avaliar recursos en liña e protexerse ante enganos ou trampas en internet.
Desde a biblioteca do CIFP A Farixa, propoñemos algúns recursos para mellorar as habilidades en AMI dos estudantes:
Caixa de ferramentas de verificación: elaborada polo equipo de maldita.es. Unha recopilación de recursos básicos para que ti mesmo poidas comprobar os bulos que che chegan.
Guía de navegación segura e anómina:: Pequeno manual con pasos para avaliar a fiabilidade de fontes e webs, ideal para contrastar información e asegurarse de que os datos son veraces e actualizados.
Test de Phising: a IA está a facer que os ataques de phishing sexan máis sofisticados, personalizados e frecuentes. Podes detectar cando te están engañando?
Test de enxeñería social: para poñer a proba os teus coñecementos e ver se es capaz de identificar si estás ante unha situación de engaño ou non.
Aproveita esta semana para adestrar o teu sentido crítico e ser máis consciente da información que consumes e compartes.
Hoxe reflexionamos sobre un dos maiores desafíos que enfrontamos como sociedade: a pobreza. Para profundar neste tema, desde a Biblioteca do CIFP A Farixa queremos recomendarche o libro "Aporofobia: el rechazo al pobre", da filósofa española Adela Cortina.
O termo “aporofobia” foi acuñado pola autora, e figura actualmente no diccionario da Real Academia co significado de “fobia as persoas pobres ou desfavorecidas”
O libro denuncia cómo as guerras e crisis económicas provocan movementos migratorios masivos de persoas que foxen da miseria, da pobreza e da morte, atopando no camiño o rexeitamento, non só dos cidadáns senón tamén das institucións dos países aos que chegan en busca dun futuro. Tamén fai diversas propostas para erradicar a pobreza.
Se queres profundizar no tema, ven e colle o libro na nosa biblioteca!
Estamos novamente de noraboa!
Este 2024, Galicia volve brillar no panorama cultural de España, alzándose con dous galardóns de gran prestixio. A ourensana Chus Pato ven de acadar o Premio Nacional de Poesía 2024 pola súa obra "Sonora", mentras que Bea Lema acada o Premio Nacional do Comic coa obra "Él cuerpo de Cristo"
Noraboa as dúas premiadas!!
Estes recoñecementos destacan o talento das nosas creadoras e amosan que algo se está a facer moi ben na nosa terra, pois nos derradeiros 5 anos outras dúas galegas han acadado o Premio Nacional de Poesía (Yolanda Castaño con "Materia" e Olga Novo con "Feliz Idade").
En breve poderedes disfrutar destas dúas obras na nosa biblioteca!
Aquí deixámosvos o acceso a esta recompilación de lecturas saudables e en galego
"O uso da lectura cun obxectivo terapéutico e de desenvolvemento persoal chámase biblioterapia.
Na actualidade, a biblioterapia está estendida nos servizos sanitarios como unha axuda para que pacientes e familiares poidan entender e afrontar mellor os problemas de saúde e mellorar o seu benestar.
Debido aos beneficios probados da biblioterapia, a Axencia deCoñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia puxeron en marcha un proxecto que busca achegarlles aos galegos e galegas as lecturas que mellor poden axudalos, tanto no caso de sufrir trastornos mentais ou problemas emocionais, como de estar ao coidado das persoas que os padecen."
Queremos compartir convosco a páxina web lamilanabonita.com que é unha verdadeira xoia para os amantes da lectura en todas as súas formas.
Nela encontrarás podcasts sobre obras literarias clásicas e contemporáneas, como “Dune” de Frank Herbert e “Divina comedia” de Dante Alighieri; entrevistas con autores e análises detallados de libros, como “El perfume” de Patrick Süskind; e outro contido variado, dende discusións sobre manga e anime ata exploracións de cheiros na literatura e mitoloxía nórdica..
Bótalle unha ollada e xa nos contas que che parece!
Cando non es quen de decidirche pola túa próxima lectura, non dudes en preguntarlle ao persoal da biblioteca, que estarán encantados de axudarte a seleccionar a túa próxima viaxe lectora.
Podes tamén botarlle unha ollada a estas páxinas web, elas tamén poden axudarte e darche recomendacións axustadas aos teus gustos.
The Fussy Librarian: configura as túas preferencias de xénero e linguaxe para recibir recomendacións personalizadas por correo electrónico
What Should I Read Next: Ingresa o título dun libro que che gustou e obterás suxerencias baseadas nas preferencias doutros lectores
Quelibroleo.com: Introduce un título e autor dun libro que gozaches para obter unha lista de libros afíns.
Ebrolis: este servizo selecciona ebooks gratuítos ou a prezos reducidos segundo os teus intereses
Esperamos que vos sexan útiles!