Benvidos e benvidas á biblioteca do CIFP A Farixa de Ourense!
A nosa biblioteca é un pequeno pero acolledor espazo que pon a disposición de todos e todas—estudantes, docentes, persoal de servizos, familiares , veciñanza e resto de membros da comunidade educativa— un recuncho para o encontro, o coñecemento, a creatividade e a paixón polo descubremento.
Dende as 8 da mañá ata as 14:30, durante os períodos escolares, as nosas portas están abertas para aprender, gozar, explorar, crear e soñar. Nas nosas instalacions poderás consultar os nosos fondos ou levalos en préstamo para a túa casa. Se precisas navegar por internet ou traballar nas túas tarefas ou proxectos, tamén eso é posible na nosa biblioteca, onde o persoal que a atende estará dispoñible para asesorarte, guiarte e axudarte en aquelo que precises. E se necesitas asesoramento, o noso servizo de información e referencia bibliográfica está listo para axudarche.
Pero iso non é todo, contamos tamén cunha chea de ferramentas para o traballo creativo que están a túa disposición, previa solicitude e reserva, para que os teus proxectos cobren vida: plotter de corte cri-cut, unha tablet gráfica, material electrónico (placas makey-makey e chibi chip, leds, cinta de cobre adhesiva, fío conductor, …), pistolas de silicona e outro material para manualidades (cartulinas, rotuladores, cutters de precisión, pinturas…), etc.
Dende a biblioteca impúlsase e préstase apoio aos plans e proxectos do centro, organízanse actividades culturais e pedagóxicas, actividades e inciaitvas que fomentan a lectura, a escritura e a alfabetización informacional.
Así que xa o sabes, a biblioteca do CIFP A Farixa é máis que estantes e libros, é un lugar de encontro para toda a comunidade escolar. Esperámosche cos brazos abertos e as páxinas listas para ser descubertas!
Podes consultar as nosas novidades e eventos a través deste blog, as nosas redes sociais e o apartado da biblioteca na web do CIFP A Farixa.
Podes visitar a nosa biblioteca cómodamente dende onde queira que estés!
Fai clic en "Edificio uno" ➨ "Áreas comunes" ➨ "Biblioteca" e poderás facer un paseo virtual polas nosas instalacions.
AVISO: Estamos en pleno proceso de mellora e renovación, cando te acheges ao noso centro poderás comprobar todas as melloras que estamos introducindo! Seguro que che gustan!!