Queremos agradecer a todas as persoas que asististes á formación celebrada o pasado 24 de outubro con motivo do Día das Bibliotecas, baixo o lema: "Contra a desinformación: biblioteca".
Para que poidades repasar os contidos e consultar a información compartida, xa tedes dispoñible na sección de recursos do blog o arquivo en PPT da presentación utilizada.
A presentación, impartida por Alberto Dafonte, analizou en profundidade a loita contra a desinformación, destacando:
Diferenzas clave: afondouse na distinción entre desinformación (información deliberadamente falsa ou enganosa) , información errónea ou misinformation (falsa, pero difundida por erro) e mala información ou malinformation (información verdadeira pero sacada de contexto para danar).
Motivos do seu éxito: a desinformación funciona porque apela ás nosas emocións, simplifica os feitos e promove unha visión da realidade polarizada ("nós contra eles").
Estratexias para combatela: ofrecéronse pautas prácticas para o día a día:
avaliar a fonte e a súa credibilidade.
non quedar co titular (que adoita ser sensacionalista).
comprobar a data para evitar historias vellas.
contrasta a información consultando distintas fontes.
Agardamos que vos sexa de utilidade!
Qué son os dereitos de autor?
Cando xurden? É necesario rexistrar unha obra para que nazcan os dereitos de autor?
Cando poido usar unha foto, texto , música dun terceiro nos meus traballos particulares?
A resposta a esta e outras preguntas a tedes no recurso que se xunta e tamén a través do asesoramento do equipo de biblioteca.