A partir do curso 2024-2025, toda a comunidade educativa do CIFP A Farixa pode acceder á nova plataforma de préstamo dixital da Xunta:
🔗 https://bega-elbe2.edu.xunta.es/?locale=es
Nesta plataforma atoparás ebooks, audiolibros, podcast, revistas e moito máis. Un mundo de contidos ao teu alcance, desde o móbil, o ordenador, tablet ou lector de libros electrónicos.
Consulta libre dos recursos:
Non é preciso usuario nin contrasinal para explorar o catálogo. Cando teñas decidido qué queres pedir prestado, é o momento de identificarse co teu usuario e contraseña
Queres solicitar préstamos?
Só precisas pedir as túas credenciais ao teu titor/a ou ao Equipo da Biblioteca. En poucos minutos terás acceso completo.
Aquí tes uns pequenos manuais para comezar a usar a plataforma:
🔗Instuccións préstamo recursos electrónicos na plataforma eleb2
Anímate a descubrir novos libros e contidos á carta. Desfruta da lectura, agora tamén en formato dixital!