A "Hora de ler" é un programa de fomento da lectura que consiste en adicar un tempo semanal á lectura dentro do horario lectivo ordinario dos grupos.
No noso centro adicarase á lectura UNHA HORA SEMANAL, que irá rotando, para que non afecte sempre aos mesmos módulos ou profesores: na primeira semana, luns a primeira hora; na segunda, luns a segunda; na seguinte, luns a terceira… ou sistema similar.
Se por calquera circunstancia fora imposible facer unha sesión do tempo de lectura programado (por exemplo, por actividades complementarias á formación), deberase cambiar por outro día dentro do horario do mesmo módulo.
O horario programado para a HORA DE LER irase publicando no blog e nas redes socias da biblioteca e quedará exposto no tablón de anuncios das aulas dos grupos participantes.
Este curso 2025-2026 a HORA DE LER estará implantada en todos os cursos dos ciclos de Formación Profesional Básica que temos no centro:
1º de FPB de Acceso e Conservación en Instalacións Deportivas
2º de FPB de Acceso e Conservación en Instalacións Deportivas
1º de FPB de Electricidade e Electrónica
2º de FPB de Electricidade e Electrónica
Fomentar o gusto pola lectura como fonte de pracer e vía de acceso ao coñecemento
Mellorar a competencia lectora, fomentando a comprensión, interpretación e avaliación crítica de todo tipo de textos (literarios, informativos, dixitais, visuais, etc) e en múltiples soportes.
Promover o perfeccionamiento da expresión oral e escrita como ferramenta para aprender, comunicar e crear, mellorando a produción de textos, tanto escritos como orais e multimodais (escritos, audiovisuais, dixitais...).
Contribuir á Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) do alumnado
A implantación da "Hora de Ler" na FP Básica non é unha iniciativa arbitraria que dependa da vontade individual dos centros educativos ou do profesorado. É a concreción práctica e necesaria dunha esixencia normativa que emana da propia Lei de Educación, que se materializa a través dos decretos curriculares e que se fai explícita e obrigatoria mediante as resolucións e instrucións da Consellería de Educación.
A súa finalidade última é garantir que o alumnado de FP Básica, que a miúdo presenta dificultades na competencia lingüística, adquira unha competencia indispensable para a súa formación, o seu futuro laboral e o seu desenvolvemento como cidadán crítico e autónomo.
Algúns dos textos legáis que nos amparan son:
RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
RESOLUCIÓN de 5 de junio de 2025, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo de las enseñanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato en el régimen ordinario en el curso académico 2025/26 e que establece, no seu apartado trixésimo primeiro, a implantación dun tempo de lectura para todas as etapas educativas.
A implantación dun tempo de lectura é un dos eixos de actuación do programa de reforzo da lectura incluído no Plan MEGA de mellora educativa de Galicia
Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de Educación (LOMLOE)
A HORA DE LECTURA poderá realizarse na propia aula ou tamén na biblioteca do centro, sempre e cuando ésta non esté ocupada con algunha actividade prevista, o cual poderá comprobarse no Google Calendar de farixa.es, ou na propia biblioteca.
As ventaxas de facer as sesións na biblioteca, ou al menos algunhas delas, son:
desenvolvemento da actividade nun ambiente máis relaxado e lúdico que o habitual das actividades lectivas
familiarizar o alumnado coa biblioteca e coas normas de uso.
facilitar a formación de usuarios.
mostrar ao alumnado os recursos relacionados coa lectura de que dispón o centro.
facilitar a selección e a procura de lecturas ao alumnado participante
Para a elección das lecturas, deberán terse en conta as seguintes indicacións:
As lecturas serán libremente elexidas polo alumnado, que poderá traer o seu material ou ben obtelo en préstamo da biblioteca.
Os textos para a lectura poden ter distintos formatos (libro, cómic, revista, prensa, blogs e outras lecturas dixitais,...) e temáticas diversas.
Para facilitar a equidade, a inclusión e a igualdade de oportunidades, ao longo do presente curso impulsarnase as seguintes iniciativas:
Biblioteca de aula: organizaranse e crearanse bibliotecas itinerantes de aula que achegue á disposición do alumnado unha ampla gama de lecturas de diferentes xéneros, niveis e formatos que satisfagan os seus intereses.
Mochilas viaxeiras: poranse en marcha un programa de mochilas viaxeiras como ferramenta de motivación, impulso e dinamización da lectura.
No proceso de escolla das lecturas será moi importante a labor de mediación do profesorado, aconsellando e asesorando ao alumnado no proceso. Suxerimos que o profesorado combine algunha das seguintes opcións:
As lecturas en formato "lectura fácil" son unha boa vía de entrada para aqueles estudantes que teñen mais dificultades lectoras. O catálogo de libros neste formato estase a ampliar enormemente. A biblioteca pode solicitar en préstamo ao Club de Lectura de Galicia ata 15 exemplares en lectura fácil por un período de tres meses, previa solicitude do alumnado ou profesorado.
Lectura de libre elección polo alumnado, que poderá traer o seu material ou ben obtelo en préstamo da biblioteca.
Elección de lecturas fornecidas pola biblioteca, que poden xirar arredor dos eixes temáticos propostos para cada ano. Este curso o eixe temático da biblioteca é “ Estilos de vida saudables”.
Lecturas relacionada co currículo dos módulos que correspondan a cada tempo de lectura, previo traballo de selección de textos e materiais.
Lecturas relacionadas coas programadas nos Club de lectura, para o intercambio de experiencias lectoras.
Lecturas en outros formatos: blogs e outras lecturas dixitais, prensa, banda deseñada, curtametraxes, documentais… nos que a comprensión, a síntese e a reelaboración poidan ser as fases de traballo.
A formación lectora, o estímulo do gusto pola lectura e as habilidades asociadas a ela non son contidos nin destrezas que se adscriban a ningún departamento nin módulo concreto. Son obxectivos que, para ser acadados, precisan do traballo conxunto de todos os profesores, materias e módulos.
O profesorado:
estará lendo ao mesmo tempo que os seus estudantes, co fin de actuar como modelo de persoa lectora.
deberá garantir o desenvolvemento da hora de lectura, favorecendo a creacióndun clima motivador e tranquilo que convide o alumnado a gozar dos textos e a desenvolver o hábito lector.
actuará como mediador na escolla de lecturas, pero sin impoñer as lecturas ou actuar como filtro das mesmas .
non fará ningún tipo de proba, control, exame, ficha... para avaliar ou comprobar a actividade.
É fundamental darlle protagonismo aos lectores e lectoras e valorar as súas suxestións sobre lecturas.
Cada un ten o seu nivel de partida, os seus gustos e os seus intereses; dentro da dificultade que supón a diversificación, hai que intentar fomentala. Os libros de lectura fácil son unha boa vía de entrada para aqueles estudantes que teñen mais dificultades lectoras, e o catálogo de libros neste formato estase a ampliar enormemente.
Non se debe pontificar sobre gustos literarios. Debemos reforzar as condutas lectoras: se un rapaz ou unha rapaza di que lé unha revista musical ou de deportes, á marxe do que opinemos sobre a calidade do medio, louvaremos o interese que o achegou a el, indicarémoslle os enderezos electrónicos onde pode atopar máis información sobre o asunto e procuraremos que lea algo “diferente” aínda que emparentado co asunto.
As lecturas propostas non son un obxectivo en sí mesmas; consideramos que é máis importante achegar ao texto, perderlle o medo e interesar sobre un tema que acadar un dubidoso obxectivo en relación cunha lectura concreta.
Cando sexa o profesorado o que faga a proposta do texto, non debe suxerir un título “a pelo”; é necesario crear a necesidade de saber, a curiosidade polo tema, polo argumento, polo autor e non debemos ter escrúpulos: calquera elemento da experiencia previa do alumno pode servir de gancho (unha película que viron, algo que lles pasou unha vez, o que leron no xornal, o que lles contaron na rúa, o que estudaron na aula...)
Un factor fundamental cando falamos de experiencias lectoras e de libros é noso propio entusiasmo cara os textos propostos que, indefectiblemente, se transmite ao alumnado. Dentro do que sabemos que é axeitado para o grupo, é importante que os textos nos gusten tamén a nós.
A actividade de lectura pode ser individual ou colectiva, libre ou guiada. Pódese ir alternando a estructura da actividade, combinando a lectura individual coa colectiva, a lectura libre e a lectura guiada.
Pódese asociar á lectura unha serie de actividades de investigación e alfabetización sobre a información que leven a outros libros da biblioteca, outras películas ou sitios web.
Pódese asociar á lectura unha serie de actividades como elaboración de reseñas dos libros lidos, seguindo un guión previamente proporcionado polos docentes (sa xexan reseñas escritas, booktouber, podcast, Instagram, TiktoK, etc); produción de textos escritos tomando como base as lecturas realizadas (p.e. creación de finais alternativos); rapear textos poéticos, periodísticos, ou de outros formatos; escoitar audiolibros, podcast o outras narracións orais; grabacións dos estudantes facendo lecturas de textos; creación de imaxes para un texto e viceversa, creación de texto para imaxes; creación de portadas alternativas para os libros;
Nas reunións mensuais de Equipo Docente figurará o tratamento dado ás actividades de lectura e avaliarase o propio desenvolvemento da hora de ler, así como as posibles suxerencias de revisións e modificacións.
Tamén nas reunións do Equipo de Biblioteca analizarase as actividades de lectura realizadas, a avaliación do desenvolvemento da hora de ler, así como as suxerencias de revisións e modificacións. No seu caso, recolleránse propostas de mellora para recoller na Programación do vindeiro curso.