Do luns 12 ao venres 16 de xaneiro, celebramos o Día Mundial da Lóxica poñendo a proba as vosas neuronas.
Como funciona?
1️⃣ Un reto cada día: consulta o reto lóxico do día no taboleiro, na biblioteca ou nas nosas redes sociais.
2️⃣ Participa: deposita a túa resposta na caixa da biblioteca.
3️⃣ Gaña: recompensa por acertar? Pois claro que si! Entre os que acerten sortearase un agasallo lóxico 🎁
Esperámovos na biblioteca!
Hoxe tivo lugar o obraoiro de fabricación dunha árbore de navidade electrónica. Graciás a Araceli, profesora do departamento de Electrónica, que foi a monitora desta actividade e a todos vos por participar!
No noso centro, seguimos a colaborar co Banco de Alimentos de Ourense para axudar a quen mais o necesita. Nestas datas, cada xesto conta!
Cómo podes axudar:
Participa no mercadillo solidario, comprando ou doando obxecto para as súa venta. O recadado vai ao banco de alimentos.
Trae alimentos non perecedoiros ao punto de recollida do centro
Doa mediante transferencia ao número de conta ES48 0238 8231 8806 0058 5001
Gústache ler pero ás veces non sabes que escoller? Queres poñer a proba a túa paixón pola lectura e, de paso, levar algún premio? Estás de sorte! Lanzamos o II Reto Lector da nosa biblioteca.
Unha iniciativa aberta a todo o mundo: estudantes, profesorado, persoal de servizos e familiares
En que consiste?
Tes que ler 4 libros das temáticas propostas e facer unha pequena recensión deles antes do 31 de maio.
Os catro retos son:
Un libro escrito por unha muller
Un libro ambientado en Galicia
Un libro ilustrado, cómic ou banda deseñada
Un libro clásico (ou que debería selo)
Como participar?
Recolle na biblioteca o teu pasaporte lector e a ficha para facer as recensións.
Escolle o teu libro (se non sabes que ler, temos moitas recomendacións preparadas para ti!) e completa a ficha.
Sela na biblioteca o teu pasaport cada vez que superes un reto (lectura + recensión)
Premios
Entre todas as persoas que completen os 4 retos sortearanse 5 agasallos.
Data límite
Tes ata o 31 de maio para completar o teu pasaporte. Non o deixes para o final!
Ademais de ler, este decembro toca sementar a bondade!
Poñemos en marcha o Calendario de Advento da Amabilidade: cada día, un pequeno reto para coidar dos demais e tamén de ti.
Son accións sinxelas: sorrir, agradecer, axudar, escoitar, compartir... pero xuntas poden transformar o noso centro nun lugar mellor
Fai realidade o reto do día e cóntanolo etiquetando á biblioteca! Entre todos os que participedes haberá un sorteo de un vale de 30 euros a canxear nalgún dos proveedores do centro🎁
Anímádemos a espallar amabilidade!
Dende a Biblioteca poñemos en marcha por primeira vez a inciativa do Calendario de Advento Lector!
Sabemos que a comunidade do noso centro é diversa e cunha variedade de intereses formativos incrible. Por iso, o noso calendario pretende ser un reflexo desa riqueza: unha selección coidada de 24 libros que combina novidades de impacto, clásicos imprescindibles e propostas que fomentan o debate e a reflexión crítica.
Cada día, ata a véspera de Nadal, abriremos unha nova fiestra para presentar un título que cremos merece ser lido. A nosa selección busca combinar a variedade de xéneros, coa calidade literaria e a diversidade de temas actuais e esenciais.
Séguenos en instagram, onde publicamos o libro do día, comenta se xa o liches e cal e a túa opinión sobre a lectura!
O xoves, 27 de novembro, o noso centro viviu unha fermosa xornada de compromiso e solidariedade fóra das aulas. Un nutrido grupo de alumnos e alumnas participaron nunha actividade de voluntariado no Banco de Alimentos de Ourense.
Os protagonistas desta iniciativa foron os estudantes dos catro grupos de Formación Profesional Básica (FPB), xunto cos compañeiros e compañeiras do 2º curso do Ciclo Medio de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación.
Durante a mañá, dedicaron os seus esforzos a clasificar produtos por categoría (conservas, pasta, leite, legumes...), organizar por datas de caducidade e desscargar e organizar palés de comida recibida.
A implicación e a enerxía mostrada polos estudantes foron impresionantes. Esta experiencia de voluntariado foi indudablemente transformadora e todos e todas quedamos con gañas de repetir.
Dende a biblioteca e o centro, queremos agradecer enormemente ao Banco de Alimentos de Ourense por abrirnos as súas portas e ao noso alumnado pola súa actitude xenerosa e responsable.
O CIFP A Farixa ergue a voz pola eliminación da violencia contra a muller, cunha serie de iniciativas e actividades:
Selección de lecturas recomendadas: exposición de lecturas que transforman e que non te deixarán indiferente.
Obradoiro de palabras escurecidas: creación de lemas de apoio/denuncia con libros do EXPURGO.
Concentración e foto conxunta co dorsal 261, lembrando a Kathrine Switzer, a primeira muller en correr o maratón de Boston oficialmente, a pesar dos intentos de detela.
Continuamos coa formación dos nosos usuarios. En colaboración con Fad Juventud e a Fundación Raspberry Pi, os alumnos de primeiro curso da Foramción Profesional Básica participan nunha formación específica para coñecer de primeira man que é iso da intelixencia artificial e qué significa realmente eso de que os sistemas informáticos aprendan en base a datos.
A experiencia foi moi divertida e positiva. Os estudantes competiron contra unha folla de papel "intelixente", coñeceron o proxecto "Deepmind" que está a axudar co seu proxecto de rastrexo de animais no Serengueti, deseñaron e entrenaron un sistema de visión artificial, etc... todo elo para experimentar de primeira man que é e como funcionan as IAs.
Quedamos todos con gañas de continuar aprendendo! A aventira continuará en próximas datas.
Os alumnos de 1º e 2º de FPB de Electricidade e os alumnos de 2º de FPB de Control de Acceso e Mantemento de Instalacións Deportivas visitaron hoxe a libraría de segunda man Re-read de Ourense, onde Isa nos recibiu cun sorriso e contou a súa inspiradora historia emprendedora: como se reinventou tras a COVID, unindo a súa paixón pola lectura coa necesidade de atopar un traballo e o compromiso coas persoas e co medio ambiente.
Cada estudante escolleu un libro ao seu gusto nesta libraría de segunda man, facendo seleccións magníficas e moi variadas. Unha experiencia única para dinamizar a lectura e achegarnos á maxia dos libros. Grazas, Isa, por abrirnos as portas e por acollernos dun xeito tan especial!
A nosa biblioteca súmase por segundo ano consecutivo á celebración internacional promovida pola American Library Association (ALA): un mes enteiro dedicado a xogar, aprender e compartir. Porque si, na biblioteca tamén se xoga… ¡e moito!
Durante todo novembro, poderás participar nos obradoiros de xogos que organizaremos nos recreos: haberá xogos de mesa tradicionais e modernos, xogos de cartas, dados, xogos de ordenador, e moito más!
📅 Cando: durante os recreos, todo o mes de novembro.
📍 Onde: na biblioteca e no espazo multiusos.
Tamén haberá outras actividades, como:
entrevistas ao profesorado e alumnado: o teu xogo favorito
formación: os beneficios do xogo
Que comece o xogo!
Queremos agradecer a todas as persoas que asististes á formación celebrada o pasado 24 de outubro con motivo do Día das Bibliotecas, baixo o lema: "Contra a desinformación: biblioteca".
Para que poidades repasar os contidos e consultar a información compartida, xa tedes dispoñible na sección de recursos do blog o arquivo en PPT da presentación utilizada.
A presentación, impartida por Alberto Dafonte, analizou en profundidade a loita contra a desinformación, destacando:
Diferenzas clave: afondouse na distinción entre desinformación (información deliberadamente falsa ou enganosa) , información errónea ou misinformation (falsa, pero difundida por erro) e mala información ou malinformation (información verdadeira pero sacada de contexto para danar).
Motivos do seu éxito: a desinformación funciona porque apela ás nosas emocións, simplifica os feitos e promove unha visión da realidade polarizada ("nós contra eles").
Estratexias para combatela: ofrecéronse pautas prácticas para o día a día:
-avaliar a fonte e a súa credibilidade.
-non quedar co titular (que adoita ser sensacionalista).
-comprobar a data para evitar historias vellas.
-contrasta a información consultando distintas fontes.
Continuamos coa formación dos nosos usuarios! Esta vez foron os alumnos de 1º de FPB de Electricidade os que tiveron a oportunidade de visitar a Biblioteca Pública Nós.
Atendeunos novamente Iria para explicarnos como funciona, que servizos ofrece e todas as oportunides de participación: clubs de lectura, obradoiros, exposicións… A biblioteca gañou novos usuarios que desfrutaron estreando o seu carné para tomar en préstamo libros e videoxogos!
Moitas grazas novamente a todo o equipo da Biblioteca Nós e, en especial, a Iria Miguélez pola súa guía e acompañamento ao longo da xornada. Voltaremos!
Despois dunha deliberación terroríficamente difícil pola gran creatividade de todos os participantes, xa temos gañadores:
Alumnado: a porta gañadora pertence aos alumnos de 1º de Formación Profesional Básica de Electricidade
Resto da comunidade educativa: a porta gañadora pertence ao Departamento de Orientación
Moitas grazas a todos os que participásteis e noraboa aos gañadores!
Chega o Samaín!
E a biblioteca do noso centro se transforman!
Podedes participar en todas estas actividades organizadas pola biblioteca e o equipo de dinamización de língua galega, en colbaroación coa EOI de Ourense e O CIFP Portovello.
🔹selección de lecturas terroríficas 📚
🔹concurso de microrelatos de terror ✍️
🔹concurso de decoración de portas 🚪
🔹concurso de podcast terroríficos🎤
🔹 obradoiro de cabazas 🎃
Moita sorte e que gañen as mellores!
Este venres 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, que este ano teñen o lema "Contra a desinformación: biblioteca", para resaltar o rol que as bibliotecas teñen como diques de contención frente as fake news.
E para celebrar o noso día, temos unha chea de actividades! Escolle a túa e participa!
Intercambio de libros: deixa un libro e colle outro, do punto de Bookcrossing situado no espazo multiusos
Quedada lectora: durante o recreo, vén a sala multiusos, trae un libro (da casa ou da biblioteca), e lemos en silencio durante 20 minutos. Os 10 últimos minutos compartiremos as nosas impresións no mural que deseñaron os alumnos de 1º de FPB de Electricidade para a realización desta actividade.
Obradoiro IA e desinformación: ven as 10 á biblioteca e coñece que é a desinformación, como se produce e como as bibliotecas poden axudarte a combatila.
Moitas grazas aos alumnos de 1º de FPB de Electricidade polo precioso mural que deseñaron. Noraboa polo excelente traballo!
¿No ves nada arriba? Volver a autenticarse
Este Samaín, a nosa biblioteca transformouse nun lugar terroríficamente xenial, grazas ao traballo do voluntarias e voluntarios da biblioteca! 🧡
Queremos darvos as GRAZAS de todo corazón por dedicar o voso tempo, enerxía e talento a decorar cada recuncho. Cada detalle que vedes, dende as teas de araña ata a escea do crime, levan un anaquiño do voso esforzo e da vosa paixón. Estamos inmensamente orgullosos/as de contar con vós.
Animamos a todo o mundo a que veña visitar a biblioteca e goce desta atmosfera tan especial que creastes!
¿No ves nada arriba? Volver a autenticarse
Outro mércores con Nick, noso auxiliar de conversa, practicando o idioma, descubrimos cousas sobre a cultura estadounidense e compartindo experiencias. Que ben o pasamos!
Estades todos e todas invitados ao participar nesta actividade que se desenvolve na biblioteca os mércores de 10:30 a 11:30!
O alumnado de 1º de Vídeo Disc-Jockey e Son tivo unha mañá moi movidita (e nunca mellor dito!) na Biblioteca Pública Nós. Alí coñeceron como funciona, que servizos ofrece e todo o que se cociña entre os seus estantes: clubs de lectura, obradoiros, exposicións… unha chea de posibilidades!
Algúns aproveitaron para facerse o carné, outros apuntáronse ao obradoiro de ilustración, e máis dun saíu con libros e videoxogos en préstamo baixo o brazo. E como en toda boa historia, non faltou a aventura: foise a luz! Un apagón momentáneo que converteu a visita nunha experiencia singular.
Moitas grazas a todo o equipo da Biblioteca Nós e, en especial, a Iria Miguélez pola súa acollida e por seguir demostrando que as bibliotecas son espazos vivos, creativos e cheos de enerxía (aínda que ás veces falte a eléctrica!).
Día Mundial da Saúde Mental 🤕🩹
As palabras poden deixar unha pegada máis fonda do que pensamos. Por iso hoxe, os nosos estudantes fixeron unha actividade moi especial, escribindo mensaxes positivas e inspiradoras aos seus compañeiros e compañeiras
Grazas a todos e todas por participar nesta actividade organizada por Benestar, Biblioteca e Dinamización de Lingua Galega
#bescolaresgal #cifpafarixa #bibliofarixa #dinamizafarixa #benestarfarixa #saudemental #diadasaudemental
Chega o Samaín e os corredores do noso centro énchense de pantasmas, morcegos e criaturas misteriosas…
Queres que a túa aula sexa a máis arrepiante de todas? Pois xa está aquí o Concurso de Portas Terroríficas da biblioteca!
Como participar?
Non é preciso inscribirse previamente: só tes que decorar a porta da túa aula (e ata 50 cm a cada lado).
Lembra:
A decoración debe estar relacionada co Samaín.
Pódense empregar materiais diversos (papel, cartón, luces, teas, etc.), sempre que non danen permanentemente a porta nin as paredes.
Recoméndase o uso de materiais reciclados e reutilizados
As decoracións deben ser seguras (sen elementos que poidan caer ou causar accidentes).
Non se admitirán símbolos ofensivos, discriminatorios ou violentos.
O profesorado tamén pode participar: cal será o departamento máis creativo este ano?
Premio:
O grupo gañador disfrutará dun almorzo terrorífico no recreo.
Prazo:
Tedes ata as 11:00 h do xoves 30 de outubro para presentar a vosa porta decorada.
Anímate, decora, asusta… e Gaña!!!
Consulta as bases completas aquí Bases do Concurso de Portas Terroríficas
Na librería Tanco de Ourense tivo lugar a presentación do segundo libro da autora ourensán Cristina Pato, "Fora de foco", actuando como maestro de ceremonias o reputado autor Juan Tallón, quen nos axudóu a descubrir a obra que se presentaba.
Nesta novela acompañamos a María, unha xornalixta que se obsesiona co traballo e a vida da fotógrafa neoiorquina Basil Cancela, que decide retirarse da vida pública no mellor momento da súa carreira, chegando a destruir parte da súa obra. A periodista trata de entender os motivos que levaron á fotógrafa a esa decisión. Neste camiño, a obra reflexiona sobre a relación entre a vida persoal e a profesional, así como sobre a propia identidade.
Ao finalizar o encontro poidemos conseguir a firma do libro, que agora está a vosa disposición e disfrute na biblioteca do centro!
Rematan as tertulias literarias organizadas polo Concello en colaboración coa Deputación de Ourense, nas que tivemos a sorte de poder participar
Nesta ocasión reunímonos para falar da lectura "La mala costumbre", de Alana S. Portero, unha obra que non deixou indiferente a ninguén e que gustou moito aos lectores.
O libro narra a historia dunha moza trans que vive no barrio obreiro de San Blás dos anos 80 de Madrid , a quen acompañamos dende a súa infancia e adolescencia ata a adultez. Nese traxecto, a obra aborda moitos temas entre os que están as duras condicións socioeconómicas dos barrios obreiros da época, o problema das drogas e os estragos que fixo nas familias, a violencia de xénero , a prostitución, a pouca comprensión cara a diveridade sexual e os problemas que atopan estes colectivos, a sororidade entre as mulleres trans, etc.
Os lectores destacaron especialmente que pese ao sensible e descarnado dalgúns dos temas que aborda, a novela é gustosa e amable de ler, deixando un moi bo sabor de boca,
O venres 23 de maio poidemos celebrar por fin o Día das Letras Galegas, este ano adicado ás cantareiras, cunha actividade moi especial que nos fixo cantar, rir e sentirnos mais preto as nosas raíces.
Comezamos coa presentación do libro Risas e farras coas cantigas da avoa, da ourensá Sonia Moral Álvarez. A autora contounos que este libro é un sentido homenaxe á súa avoa, unha muller con memoria prodixiosa que gardaba na súa cabeza ducias de cantigas tradicionais, que son as recollidas neste libro.
Aprendemos tamén o significado dunha palabra fermosa e chea de historia: fiadeiro. Un fiadeiro era moito máis ca unha reunión para fiar: era un encontro social onde a música, o baile e o canto eran os verdadeiros protagonistas. Un espazo de convivencia e transmisión oral que hoxe queremos recuperar e reivindicar.
Despois da presentación, tivo lugar o obradoiro de pandeireta e canto tradicional, no que o alumnado participou con moita ilusión e entusiasmo. Da man da autora e con moito ritmo, conseguimos cantar e tocar varias cantigas, incluída unha muiñeira que puxo a todos e todas a bater palmas e pés.
Foi unha experiencia emocionante, chea de aprendizaxe, memoria e comunidade. Dende a biblioteca, queremos agradecer a todas as persoas que participaron e, moi especialmente, a Sonia Moral por compartir connosco o seu libro, e a Eva Vaquero e Iria Fírvida polo obradoiro de pandeireta!.
Seguimos a celebrar e a reivindicar as nosas letras, as nosas voces e a nosa identidade.
Moita grazas a Sofía Vázquez, socia da cooperativa coruñesa Mulleres Colleiteiras por acercase ao noso centro para compartir as súas experiencias e transmitir os seus saberes. A súa intervención foi moito máis ca unha charla: foi unha lección de vida sobre como a economía social pode converterse nun motor de cambio real para as persoas e o medio ambiente.
Sofía explicounos que Mulleres Colleiteiras naceu co obxectivo de promover a inserción sociolaboral de mulleres en situación de vulnerabilidade, moitas delas pertencentes á comunidade xitana. A cooperativa dedícase á recollida e tratamento do aceite de cociña usado, evitando así a súa vertedura e contribuíndo á produción de biocombustibles, reducindo as emisións de CO₂ nun 70% respecto aos carburantes convencionais .
A través deste traballo, as mulleres participantes adquiren formación e autonomía, afastándose da caridade e accedendo a un emprego digno. Sofía destacou como este proxecto lles permite tomar decisións na súa vida e desenvolver unha estabilidade económica que lles era negada debido á discriminación e ás barreiras educativas .
Un dos momentos máis impactantes da charla foi cando Sofía relatou a colaboración entre Mulleres Colleiteiras e Arquitectura Sen Fronteiras para actuar sobre os asentamentos chabolistas que existían en A Coruña. Grazas a esta intervención, moitos destes poboados desapareceron, e as súas habitantes puideron acceder a vivendas dignas e a unha vida máis estable.
A charla tamén nos fixo reflexionar sobre os obstáculos que enfrentan as persoas en risco de exclusión para atopar e manter unha ocupación. A discriminación, a falta de formación e as trabas administrativas son barreiras que Mulleres Colleiteiras axuda a superar, demostrando que é posible construír un modelo económico máis xusto e sostible.
Seguimos coas actividades programanas pola biblioteca dentro da celebracións da "Semana do libro". Esta vez tocoulle ao "Amigo invisible" literario.
A dinámica foi sinxela: cada participante escolleu un libro que quixese recomendar e regalar de maneira anónima a outra persoa. Os libros foron deixados na biblioteca, envoltos con coidado e acompañados dun pequeno texto no que se daban pequenas pistas sobre o libro.
Ao longo da semana, foron depositándose as distintas “sorpresas lectoras”´na caixa deixada ao efecto na biblioteca. O vneres as sorpresas foron desveladas nun pequeno encontro no que fixemos os intercambios,
Aquí vos deixamos algunhas das mellores imaxes deste intercambio lector tan especial. Grazas a todas as persoas que participastes por facer da biblioteca un espazo vivo e dinámico!
Moitas grazas a todos os que participástedes no Obradoiro de Poesía Escurecida que tivo lugar dentro das actividades programadas pola semana do libro.
No video podedes ver algúns dos fermosos traballos dos nosos poetas.
Co gallo do día do libro, na semana do 22 ao 25 de abril estamos a organizar unha morea de actividades arredor da creatividade e o encontro coa lectura.
Estas son algunhas das actividades que vos propoñemos para esta semana especial:
Obradoiro de marcapáxinas personalizados
Achégate a deseñar os teus propios marcapáxinas, únicos e orixinais. Unha actividade creativa onde poderás deixar voar a imaxinación.
Obradoiro de poesía oscurecida (blackout poetry)
Transforma páxinas vellas en poemas novos. Só precisas un rotulador e unha mirada poética para descubrir versos escondidos entre as liñas.
Concurso de adiviñas: Libros misteriosos
Serás quen de descubrilr os libros misteriosos a través das pistas? Haberá premios para quen resolva os enigmas!
Amigo invisible de libros
Participa neste intercambio lector! Trae un libro que queiras regalar e recibe outro de xeito anónimo. Unha maneira fermosa de compartir lecturas e sorprendérmonos.
E máis sorpresas...
A programación está aberta á incorporación doutras propostas, así que se tes ideas, pásate pola biblioteca ou fala co equipo. A Semana do Libro é para construíla entre todas e todos.
Todas as actividades realizaranse na biblioteca durante os recreos e nalgúns momentos puntuais, dependendo da dispoñibilidade.
Anímate a participar e fai da biblioteca un lugar aínda máis vivo!
Este venres puidemos compartir unha divertida e entretida conversa con Arantza Portabales na libraría Eixo de Ourense para falar do seu último libro, que está a ser moi demandado na nosa biblioteca.
O libro fálanos da Inspectora Iría Santaclara, que é contratada polo millonario e magnate da sanidade privada Ulises Villamor para investigar a morte da súa muller, a cambio de que éste proporcione o tratamento especializada para o seu home, que acaba de padecer un accidente cerebrovascular. Para esta investigación a inspectora deberá trasladarse á pequena vila de Loeiro e vivir no domicilio familiar, na Casa Rosa, xa que o magnate sospeita que o asesino pode ser alguén da familia.
É un libro moi divertido, fácil de ler e que engancha dende as primeiras páxinas.Tédelo dispoñible na biblioteca tanto en galego como en castelán!! E agora, firmados pola autora
O xoves 3 de abril o CIFP A Farixa tivo a oportunidade de participar na Tertulia Literaria e posterior encontro co autor Alberto Mancebo para falar da súa obra "Indolente", gañadora do XXX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.
O evento, organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Deputación de Ourense, celebróuse no Liceo de Ourense.
Pasámolo estupendamente falando da obra e dos temas que abarca. O encontro deu pé á reflexión sobre temas moi variados, como o cambio climático e a empatía humana.
Quedamos esperando con ansia a próxima tertulia!!
Hoxe 2 de Abril, celébrase o Día do libro Infantil e Xuvenil, en conmemoración do día no que naceu o autor Hans Christian Andersen, famoso por "A sirenita" e outros moitos contos infantís.
E que mellor maneira de festexalo que acollendo a presentación de "Amores que dejan huella", un libro escrito por Ángel Otero, alumno do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións do CIFP A Farixa de Ourense que publicou cando tiña tan só 16 anos!
Durante a presentación, Ángel compartiu con nos que adoitaba ser mal estudante e que incluso algún profesor lle chegara a dicir que non valía para escribir, o que nun principio o desanimou. Por sorte, durante a ESO atopou unha profesora de Lengua que lle soubo motivar e lle deu folgos para escribir. Hoxe Ángel síntese orgulloso de ter completado o seu libro, destacando o moito traballo que lle levou. Se ben agora mesmo non está a escribir debido á falta de tempo e ás demandas dos seus estudos, afirmou que non descarta retomar a escritura no futuro.
Ao evento acudiron estudantes, profesores e persoal de servizos. Todos pasamos un rato moi ameno e entretido. Agradecemos profundamente a Ángel a súa participación e aproveitamos para comunicaros que Amores que dejan huella* xa está dispoñible para o préstamo na nosa biblioteca.!!
E ti? Sabes que significa trans?
Unha persoa trans é simplemente aquela que non se identifica co xénero que lle foi asignado ao nacer baseándose na súa apariencia xenital. Por exemplo, Ana é unha muller, pero ao nacer a viron e dixeron "é un neno". Pero Ana en realidade é unha nena. Entón Ana é unha nena trans.
Con motivo do Día da Visibilidade Trans, a biblioteca xunto co Equipo de Diversidade e a Coordinación de Benestar organizan unha chea de actividades para reflexionar sobre a realidade das persoas trans e promover a súa visibilidade e os seus dereitos.
Proxeccións de cine: haberá dous pases, con dúas obras cinematográficas diferentes.
“Desayuno en Plutón”, de Neil Jordan:esta película conta a historia de Patrick “Kitten” Braden, unha persoa trans que loita por vivir con liberdade nun mundo que tenta negarlle a súa identidade. A través do humor e a tenrura, a película convida a poñernos no lugar das persoas trans e comprender mellor os desafíos que enfrontan.
"20.000 especies de abejas", de Estíbaliz Urresola Solaguren, que narra a historia de Cocó, de oito anos, que non entende por qué. todos ao seu redor insisten en chamarlle Aitor, xa que ela non se recoñece nese nome nen na mirada dos demáis.
Obradoiro de chapas conmemorativas: no recreo terá lugar un obradoiro de chapas no que poderás crear o teu propio deseño con mensaxes de apoio á diversidade e á visibilidade trans ou ben escoller entre os modelos xa elaborados polo equipo de bliblioteca e o equipo de diversidade.
Selección de recursos que fomentan a visibilidade trans: na biblioteca atoparás unha exposición de recursos onde queda visibilizada a realidade trans, como pueden ser:
Identidade, de Nee Barros
El cuerpo de Cristo, de Bea Lema
La mala costumbre, de Alana Portero
Un apartamento en Urano, de Paul B. Preciado
Heartstopper, de Alice Oseman
O Día Internacional da Visibilidade Trans foi creado en 2009 por iniciativa da activista trans estadounidense Rachel Crandall, coa intención de destacar os logros e a loita das persoas trans pero dende unha mirada centrada no positivo, na reivindicación dos dereitos e na celebración da diversidade de identidades de xénero.
Este 13 de marzo tivemos o pracer de recibir aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Mariñamansa, que viñeron coñecer de preto a nosa biblioteca, o noso centro e os diferentes ciclos formativos que ofrecemos.
A actividade enmarcouse dentro da Semana do Fomento das Vocacións nas Nenas, unha iniciativa que busca espertar o interese das rapazas por titulacións tradicionalmente masculinizadas e demostrarlles que ningún oficio ten xénero.
Os nenos e nenas visitaron os talleres dos distintos ciclos formativos, e as nosas alumnas de ciclos típicamente masculinizados (p.e. a rama de Construcción, Electricidade e Electrónica ou Fútbol Sala, etc), compartiron as súas experiencias, deixando claro que ser muller non é un impedimento para desenvolver unha carreira neses ámbitos.
Durante o percorrido, os rapaces e rapazas descubriron o funcionamento de diferentes instalacións do centro: o taller de Instalacións de Telecomunicacións, a sala de radio e o estudio de televisión, onde experimentaron co croma e coñeceron de preto os sistemas de transmisión e comunicación; o taller de Vídeo DJ, onde observaron aos alumnos e alumnas de Video DJ realizando un exame práctico de iluminación e son; a casa modular feita con contedores de barco, unha impresionante colaboración entre os ciclos de Construción e Enerxía e Auga.
Moitas grazas aos alumnos e alumnas de 2º Dual de Acondicionamento Físico polas actividades deportivas que organizaron e puxeron o broche final a unha xornada chea de aprendizaxe e diversión.
Dende a Biblioteca do CIFP A Farixa, queremos dar as grazas ao CEIP Mariñamansa por compartir esta xornada connosco. Tamén agradecemos a colaboración de Olalla Ferreira, Coordinadora da Biblioteca do CEIP, coa que esperamos seguir desenvolvendo proxectos conxuntos no futuro.
A nosa biblioteca tivo a a oportunidade de acoller unha sesión de presentación da experiencia de integración da profesora Montserrat Padrón Saco no Programa PIALE 2024 en Toronto, Canadá.
Durante un mes, a docente mergullouse na realidade educativa canadense, explorando a organización dos centros, as metodoloxías innovadoras e transferibles ao noso contexto, e tamén no referente ao funcionamento das bibliotecas, tanto escolares e públicas
Un dos aspectos máis salientables desta estadía foi coñecer de primeira man a estrutura educativa canadense. A diversidade cultural é unha característica esencial do sistema, o que se reflicte na súa metodoloxía de ensino inclusiva e no forte enfoque no desenvolvemento das soft skills do alumnado: respecto, empatía, cooperación e liderado. Na secundaria existe unha grande optatividade que permite adecuar o camiño educativo ás capacidades e intereses dos estudantes, facilitando o seu éxito.
A docente aproveitou para visitar bibliotecas escolares de centros tanto de primaria como de secundaria e universidade, e aprender sobre o seu funcionamento. Tamén coñeceu á Toronto District School Virtual Library, unha plataforma de apoio ao ensino que centraliza recursos dixitais para docentes e estudantes.
En Toronto é salientable o papel das bibliotecas escolares como espazos de inclusión e multiculturalidade, cunha ampla oferta de materiais en diversas linguas para atender a diversidade do alumnado. Ademáis, a docente responsable das bibliotecas escolares debe contar cunha formación específica en Biblioteconomía, asegurando unha xestión eficaz e orientada á aprendizaxe.
As bibliotecas públicas ofrecen multitude de servizos gratuitos que son ampliamente utilizados pola poboación: internet, servizos de impresión, descontos asociados á tarxeta da biblioteca, asesoramento persoalizado, obradoiros, actividdes, etc.
Da experiencia canadense extráense aprendizaxes moi valiosas para o noso centro:
A importancia de fomentar a convivencia intercultural na aula e na biblioteca.
O uso de metodoloxías activas para motivar ao alumnado.
A aposta polas soft skills como elemento clave na formación do estudantado.
A necesidade de reforzar o papel da biblioteca escolar como eixo dinamizador do ensino e da inclusión.
Para compartir estas aprendizaxes, a biblioteca do CIFP A Farixa acolleu unha charla na que o profesorado de diferentes departamentos puido coñecer de primeira man as impresións da docente participante.
Hoxe puidemos participar no relatorio que impartiu Bea Lema na Escola Superior de Arte e Deseño Antonio Failde, dentro do programa Dibujantes de historias, Encuentros literarios en Escuelas de Arte que promove a Dirección General del Libro, el cómic y la lectura, Ministerio de Cultura de España.
Foi un encontro moi interesante, no que descubrimos as distintas técnicas empregadas pola autora no libro "O corpo de cristo" polo que recibíu o Premio Nacional de Cómic, e como foi construindo o seu propio estilo persoal,. Tamén relatou como foi o seu camiño profesional ata chegar a publicación do libro, e falouno dos proxectos actuais nos que está traballando, entre os que destaca a adaptación do libro a un cortometraxe de animación.
Como colofón, a autora firmou o libro que temos na biblioteca a vosa disposición!!
Este San Valentín, na biblioteca do CIFP A Farixa quixemos ir máis alá dos tópicos e reflexionar sobre o mito do amor romántico. Para iso, organizamos unha actividade visual e participativa que fixo pensar ao noso alumnado sobre o que realmente significa o amor.
No noso mural en forma de corazón dividido en dúas metades, os estudantes foron deixando as súas impresións:
🔴 Na parte vermella, colocaron post-it con frases que representan un amor sano, baseado no respecto, na confianza e na liberdade.
⚫ Na parte negra, identificaron aquelas ideas que reflicten un amor tóxico, marcado polos celos, a posesión ou a dependencia emocional.
O resultado foi un mural cheo de reflexións valiosas, que nos axudan a recoñecer relacións positivas e a afastarnos das crenzas que perpetúan vínculos daniños.
Grazas a todos por participar!❤️
Co gallo do San Valentín, a Bilbioteca ven de argallar unha actividade pola que poderás facer chegar a esa persoa especial un libro que
Cómo funciona?
📚 Elixe un libro da biblioteca
🤗 Indícanos a quen llo queres agasallar
✍️ Se o desexas, escribe unha dedicatoria
✨Na biblio, faremos que chege a esa persoa especial
Enche o seguinte formulario e a biblioteca fará chegar o teu agasallo:
Chega o San Valentín á Bilbioteca do CIFP A Farixa!
Déixate seducir por un libro descoñecido!
Na biliblioteca atoparás unha selección de libros "sorpresa" envoltos de maneira que non se vé nin a cuberta nin o título. No envoltorio atoparás unha serie de pistas que te axudarán a escoller a túa parella ideal!
Anímate e ven coller o teu!
Hoxé día 5, primeiro mércores de febreiro. sumámonos á conmemoración do Día da Lectura en Voz Alta, unha iniciativa que se celebra dende 2010. para poñer en valor o poder da palabra falada e o pracer de compartir historias.
Pola biblioteca pasaron alumnos e alumnas que se animaron a ler pequenos fragmentos de libros escollidos por eles mesmos. O máis especial deste evento foi a variedade de linguas nas que se escoitaron as lecturas: español, galego, portugués, inglés e francés. Unha experiencia que nos permitiu viaxar a través das palabras e descubrir novas voces e historias.
Ler en voz alta non só mellora a comprensión lectora e a expresión oral, senón que tamén nos conecta coas emocións e coa forza dos textos. Moitas veces, unha historia lida en voz alta cobra nova vida e deixa unha pegada máis fonda en quen a escoita.
Grazas a todas as persoas que participaron por poñer voz aos libros e facer desta xornada unha celebración da diversidade lingüística e literaria. 📚✨
Para conmemorar que hoxe 30 de Xaneiro é o Día da ilustración e que fai 75 anos dende a desaparición de Castelao, os alumnos de 1º FPB de Electricidade e Electrónica e os alumnos de 1º FPB de Acceso e Conservación en Instalacións Deportivas participaron nun Obradoiro de Creación de Memes tomando como base as ilustracións de Castelao.
Aquí podedes ver unha pequena mostra dos fermosos traballos que resultaron da actividade! Creatividade en acción!
A biblioteca do CIFP A Farixa lanza o concurso "Bookface Farixa" . Atréveste a participar? Aquí tes toda a información que necesitas:
Que é o Bookface?
É unha técnica fotográfica creativa onde combinas unha parte real do teu corpo ou vestimenta coa portada dun libro, facendo que parezan un só elemento. É o momento de deixar voar a túa imaxinación: xoga coas proporcións, as cores e os detalles!
Quen pode participar?
Este concurso está aberto a toda a comunidade escolar: estudantes, profesorado e membros do persoal de servizo.
Premios:
Categoría A - Premio do Xurado: Vale de 50 € para gastar no comercio local.
Categoría B - Premio do Público: Vale de 50 € para gastar no comercio local (a fotografía con máis "Gústame" no Instagram da biblioteca).
Prazo:
Prazo de presentación de fotografías: do 15 de xaneiro ao 15 de marzo de 2025
Prazo de votación á mellor fotografía: do 16 ao 31 de marzo de 2025
Como participar?
Envía a túa fotografía en formato JPG, JPEG ou PNG ao correo: biblioteca@farixa.es. No asunto, indica: "Concurso Bookface Farixa". Inclúe os seguintes datos na mensaxe:
Nome e apelidos
Teléfono
Curso (se procede)
Exposición e difusión:
As fotografías máis destacadas formarán parte dunha exposición especial na biblioteca e serán publicadas nas nosas redes sociais.
🔗 Para máis información: Bases do Concurso Bookface Farixa 2025
Ano novo, Reto Lector novo!
Para toda a Comunidade Escolar: estudantes, profesorado e persoal de servizos!
O reto consiste en completar 4 lecturas, e facer unha breve recensión das mesmas.
4 Libros e dúas formas de participación:
Ler un libro de cada unha das seguintes temáticas:
Un libro que foi adaptado ao cine
Un libro distópico, de fantasía ou ciencia ficción
Un libro ilustrado, cómic ou banda deseñada
Un libro de misterio, intriga ou terror
Ler 4 libros escollidos polo lector, co asesoramento de Biblioteca.
As recensións faranse en galego en formato texto ou vídeo, e serán publicadas no Padlet do Reto Lector. O equipo e voluntarios de biblioteca poderán axudarte nesta tarefa.
Premio: un agasallo cultural para todo o que remate o reto (lectura+recensións) dentro do prazo
Prazo: ata o 31 de maio
Xa temos gañadores do noso concurso de portas terroríficas! 🎃👻
Tras unha elección moi difícil polo alto nivel de creatividade e talento, queremos felicitar ao alumnado de 2º de Ciclo Superior de Proxectos de Edificación, gañadores na categoría de estudantes, e á porta de Conserxería, que levou o premio na categoría de profesorado e persoal de servizos.
Moitas grazas a todos os que participaron e encheron os corredores do CIFP A Farixa de terror e imaxinación! Aquí podedes ver as fotos das portas gañadoras e outras propostas destacadas.
Únete ao equipo de voluntariado da biblioteca do CIFP A Farixa!
Se che gustan os libros, as novas experiencias ou simplemente es unha persoa riquiña e queres colaborar nun proxecto especial, esta é a túa oportunidade! Na nosa biblioteca, sempre hai espazo para mentes inquedas e mans colaboradoras. 😎📚
En que consisten as tarefas?
Poderás axudar a organizar os libros e outro material da biblioteca, xestionar préstamos e devolucións, propor e/ou colaborar na organización de eventos, axudar na xestión das redes sociais , crear recomendacións de lecturas para os teus compañeiros/as, e calquera outras que xurdan ou propoñades.
E as recompensas?
Aparte de vivir unha experiencia única colaborando nun proxecto educativo, terás moitos beneficios mais: coñecerás xente nova, adquirirás novos coñecementos, poderás por en marcha iniciativas que te apaixonen, e recibirás un certificado de voluntariado que mellorará o teu CV,! 🎉📖
Se te animas, pásate pola biblioteca e únete ao noso equipo de voluntariado.
¡Estamos desexando contar contigo! 💪✨
Dentro do Programa de Formación aos Usuarios da Biblioteca, os alumnos e alumnas de 1° de FP Básica de Electricidade e Electrónica visitou as instalacións da Biblioteca Pública Nos, de Ourense.
Atendéunos de novo Iria Miguélez, quen nos amosou as instalacións e informou aos estudantes de todos os servizos que ofrece a Biblioteca:
pedir en préstamo libros de todo tipo, tanto en papel como dixitais
gozar de películas, videoxogos, música, revistas...
usar os ordenadores e conectarte a internet
participar nas múltiples actividades que organiza a biblioteca
E todo isto e máis, DE BALDE!!!!
Os/As estudantes que aíndan non tiñana o carné de usuario da Biblioteca aproveitaron para facerlo, e xa houbo quen o estrenou,!
Quedamos encantados/as coa visita.
Moitas grazas por recibirnos.
Este xoves 24 de outubro, Día das Bibliotecas, temos a primeira reunión do club de lectura "Papalibros "🎉
⏰Será as 11:00 na Biblioteca.
🎲 Ese día tomaremos importantes decisións, como a primeira lectura da tempada e a posibilidade de creación dun club temático. Non faltes!!
E estade atentos, que haberá sorpresas polo Día das Bibliotecas!! 🎉
Xa comezou!!
Os nosos alumnos e alumnas da FP Básica xa teñen unha cita semanal coa lectura. A partir de agora, cada semana dedicarán unha hora a mergullarse nun libro e deixar voar a súa imaxinación.
Podedes consultar o calendario da actividade nas redes sociais e tamén no taboeiro da aula dos grupos.
E non esquezades pasar pola biblioteca a coller as vosas lecturas! Os responsables da biblioteca axudaránvos a atopar ese libro incríbel que vos permitirá viaxar sen saír da habitación.
Impulsado de modo conxunto polo Departamento de Orientación, a Coordinación de Benestar e a Coordinación de Biblioteca, nace o Equipo de Diversidade no noso centro!
Queremos crear un espazo onde cada persoa se sinta escoitada e representada, un lugar onde aprender, compartir e dende o cual promover a inclusión e aceptación de todas as diversidades: de corpos, etnias, capacidades, nacionalidades, culturas, identidades LGTBIQ+, e moitas mais!
A primeira reunión é este mércores as 11:00, na biblioteca.
Se che preocupan temas como a igualdade, a inclusión ou a diversidade, este é o teu equipo. Todes sodes benvidos!
Chega o Samaín e os fantasmas e monstruos invaden o instituto! Cal será a aula mais terrorífica?
Para participar non é necesario inscripción previa, faise decorando a porta da aula! Tedes ata as 11:00 do mércores 30 de outubro.
🍕🍏O premio consistirá nun almorzo terrorífico no recreo para o grupo decorador da aula gañadora 🎉
Tede en conta que:
A decoración debe estar relacionada co Samaín
Decorarase tan só a porta da aula e ata 50 cm a cada lado
Valorarase o uso de materiais reciclados e reutilizados
Permítese utilizar materiais diversos (papel, cartón, luces etc.), sempre que non danen permanentemente a porta nin as paredes.
As decoracións deben ser seguras, sen elementos que poidan causar accidentes (nada que sobresaia perigosamente ou poida caer).
Non se permite o uso de símbolos ofensivos, discriminatorios ou violentos que poidan ferir a sensibilidade dos demais.
Os profesores tamén poden participar!!! Cal será o departamento co porta mellor decorada??
As bases completas do concurso pódense consultar aquí: Bases do Concurso de Portas Terroríficas
O luns 14 de outubro os alumnos e alumnas de 1º de Video Disck-jockey participaron no "Obradoiro de Habilidades socias a través do Teatro" organizado pola Biblioteca e impartido por Modesto Corderí Novoa - @modestocorderi.
Neste ano no que o lema das bibliotecas escolares é "Bibliotecas escolares, á escena", os estudantes traballaron na mellora das súas habilidades socias e comunicativas saíndo á escena e lucindo unha extraordinaria creatividade nas improvisacións teatrais que lles foron plantexadas polo excepcional Modesto, quen os guiou e acompañou ao longo de todo o proceso.
Houbo de todo: dinámicas do mais variado, improvisacións teatrais, creación de historias en grupo que despois houbo que representar, escenificación de poemas da nosa Rosalía, e moito mais.
Pasamos un rato moi instructivo e divertido! Na reportaxe fotográfica podedes ver algúns dos mellores momentos das "actuacións".
Hoxe 8 de Outubro tivemos o pracer de contar coa presenza de Claudia Cascón, coñecida en redes sociais como @claudialifter, quen impartiu un *Obradoiro de Emprendemento en liña para os nosos alumnos. Claudia é adestradora persoal, nutricionista deportiva e coach, ademais de ser unha experta formadora no ámbito do emprendemento dixital.
Durante o taller, Claudia compartiu a súa inspiradora historia persoal, desde os seus primeiros pasos como emprendedora ata converterse nun referente no seu campo. O máis destacable foi como detallou a súa fórmula para o éxito en redes sociais e o emprendemento en liña. Algúns dos puntos máis importantes que tocou foron:
- Crear contido que atraia seguidores: a clave está en xerar valor, captar a atención e conectar coa audiencia.
- Converter seguidores en clientes: non basta con ter moitos seguidores, é fundamental saber como converter esa base en clientes reais, ofrecendo produtos e servizos que realmente interesen á audiencia.
- Fidelizar aos clientes: o éxito a longo prazo está na fidelización, e isto lógrase prestando un servizo de calidade, resolvendo problemas e atendendo as necesidades dos clientes de maneira efectiva e personalizada.
O obradoiro foi un auténtico éxito, cheo de exemplos prácticos e consellos que os nosos alumnos poden aplicar nos seus propios proxectos.
Pero a xornada non terminou aí. Tras a formación, os alumnos da rama de Actividades Físicas e Deportivas gozaron dunha sesión de adestramento liderada por Claudia. Durante a actividade, puideron poñer en práctica algúns exercicios e rutinas baixo a atenta mirada de Claudia, pechando a mañá con enerxía e motivación.
Dende o CIFP A Farixa, queremos agradecer a Claudia Cascón polo seu tempo e dedicación, así como por compartir a súa experiencia de maneira tan próxima e motivadora. Esperamos poder contar con ela en futuras ocasións!
O alumnado de 1° do CM de Instalacións de Telecomunicacións visitou as instalacións da Biblioteca Pública Nos, de Ourense.
Recibiunos a marabillosa Iria Miguélez, quen nos amosou as instalacións e nos falou de todos os servizos que ofrece a Biblioteca.
Sabías que na biblioteca Nos podes...???
pedir en préstamo libros de todo tipo, tanto en papel como dixitais
gozar de películas, videoxogos, música, revistas...
usar os ordenadores e conectarte a internet
participar nas múltiples actividades que organiza a biblioteca
E todo isto e máis, DE BALDE!!!!
Os/As estudantes aproveitaron para facer o carné de usuario/a, e houbo quen xa o estrenou, levando a casa o seu primeiro préstamo!
Quedamos encantados/as coa visita.
Moitas grazas por recibirnos.
Queres desfrutar dunha aventura literaria única? O vindeiro sábado 11 de maio, a biblioteca do CIFP A Farixa anímate a participar nunha andaina literaria GRATUÍTA na localidade de San Lorenzo de Piñor, organizada polo Concello de Barbadás, inspirada na vida e obra da escritora Carmen Martín Gaite.
Por que Piñor? Pois resulta que esta localidade foi lugar de veraneo da autora, o que quedou reflectido nalgunhas das súas obras máis emblemáticas. Imaxina camiñar polos mesmos lugares que inspiraron a unha das escritoras máis importantes da literatura española!
Durante o roteiro, descubrirás como a literatura de Carmen Martín Gaite se entrelaza coa historia e a cultura de Piñor. Será unha experiencia única que che permitirá conectar coa literatura dunha maneira diferente!
Así que, anímaste a unirte a esta aventura literaria? Non perdas a oportunidade de descubrir a relación entre a literatura e a contorna que a inspirou!
Detalles do roteiro literario:
🗓️ Data: Sábado 11 de maio
🚩Lugar: San Lorenzo de Piñor
⏰ Horario: saída as 10:30 do centro social de San Lorenzo de Piñor.
⏳ Duración: 3 horas aproximadamente, incluído as paradas para descansos
✍️ Inscricións: no QR
❤️🔥 Roteiro gratuíto organizado polo Concello de Barbadás
Última hora!!!
Xa chegou o esperado poemario "Maldita primavera" da nosa alumna Silvia Domínguez.
Animádevos a consultalo na biblioteca!
📚📚 O pasado 26 de Abril tivo lugar por fin o Amigo Invisible de libros!
Os participantes trouxeron un libro envolto cunha dedicatoria personalizada, e ao entregar o seu libro, podían escoller outro guiándose polo que levaba escrito no envoltorio.
Aquí compartimos algunhas fotos do evento, onde se pode ver a diversidade de libros e os sorrisos de quen gozou desta experiencia única.
Felices lecturas a todos os que participásteis!
No CIFP A Farixa temos a sorte de ter como alumna a Silvia Domínguez Navarro (@soysilviadominguez), que ademais de cursar o ciclo de Vídeo Disc-jockey, é poeta cun libro xa publicado ("Maldita Primavera") e con outro que está a piques de saír ao mercado.
Para celebrar o día do libro, Silvia prestouse a recitar varios dos seus poemas, acompañada pola guitarra e voz do profesor Diego Bustillo. Deixamos aquí uns pequenos extractos do evento para que poidades eisfrutar da beleza das verbas de Silvia e da música e voz de Diego. Moitas grazas aos dous pola vosa colaboración desinteresada, e a Xela e Paula do departamento de audiovisuais pola asistencia técnica prestada para o evento.
E sabede que nuns poucos días poderedes consultar o libro de Silvia, que se atopa de camiño á nosa biblioteca!!
🏚️Arturo Fernández Araújo, delineante xubilado, apaixoado dos hórreos movido polo seu profesor Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas”, veu compartir coa nosa comunidade o seu saber, recollido por mais de 43 anos e medio millón de kilómetros rerorridos no estudo da figura dos hórreos.
Os alumnos do CS de Proxectos de Edificación e do CM de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación participaron na charla , onde descubriron a relación entre os hórreos o os cereais.
Aquí compartimos algunhas fotos do evento!
Moitas grazas a Arturo pola súa desinteresada colaboración e compartir o seu saber cos nosos estudantes.
🎨🖌️ Xa sabedes que este ano o lema das bibliotecas escolares é "Unha biblioteca en viñetas" e que estamos a facer un especial esforzo por dar a coñecer e por en valor os fondos ilustrados, xa se chame manga, comic, banda deseñada, etc.
Pois hoxe 30 de xaneiro é o día da Ilustración, e qué mellor maneira de conmemoralo que disfrutar dun taller de ilustración a cargo do renombrado ilustrador ourensán Marcos Viso!
Os estudantes descubriron da súa man cousas como a importancia do uso e distribución do espazo, o concepto de metáforas e narracións visuais, aprendendo a contar historias con secuencias de imaxes a través de estratexias que empregan o debuxo mais alá da realidade
Botade unha ollada a todo o que fixemos!
Na nosa biblioteca tiñamos un problema: había moitos libros que xa non facían mais que ocupar espazo e crear po...
Así que atopamos unha posible solución: por qué non actuar artísticamente sobre eles para conseguir obxectos fermosos ou funcionais cos que dar un novo valor aos libros?
E así o fixemos¡
Coa axuda da ilustradora Laura Romero, @laurandcolours, os nosos estudantes puxeron en marcha a súa creatividade para transformar eses libros esquecidos en verdadeiras de obras de arte que podedes pasar a contemplar pola biblioteca.
Tamén dende as vosas casas podedes ver os fermosos productos que xurdiron da actividade, nesta presentación que se acompaña.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación