Aquí tedes as nosas lecturas nos clubs para este segundo trimestre.!!!
Se todavía non pertences ao club, anímate a participar ven pasar un rato xenial, tanto si es un lector voraz como se eres un lector ocasional.
Á volta das vacacións tivemos a xuntanza para compartir as nosas impresións sobre o cómic de Julie Maroh. Non puidemos facela antes, xa que os exemplares tardaron moito en vir. Aínda que fomos complementando a lectura en papel coa lectura en dixital, levounos bastante rematar o libro debido á complexidade da lectura.
Os participantes coincidiron en que foi unha lectura complexa, non polas historias que se contan, que gustaron bastante en xeral, senón polo complexo do vocabulario empregado pola autora, con moitos termos coloquiais que descoñecían.
Gustou moito o formato de pequenas historias, e a variedade das realidades que abordan e representan, que sorprenderon a moitos (parexas hetero dende a adolescencia ata a vellez, parellas do mesmo sexo, bisexuais, con persoas trans, relacións poliamorosas, relacións marcadas pola diferencia de idade, raza, capacidade, etc). Deu para unha profunda reflexión sobre as relacións de parella, na que non houbo consenso en tódolos casos.
O club de Lectura reuniuse para comentar a lectura do trimestre: "Onde nacen as bestas", do escritor vigués Pedro Feijoo.
Para romper o xeo, dispúñámos dunha colección de fotos e obxectos que facían referencia a momentos clave ou símbolos do libro. Cada participante tivo que elixir aquel obxecto que mellor representase o seu sentimento ou opinión persoal sobre o lido. Foi unha forma fantástica de poñer en común as nosas impresións.
Se algo quedou claro nos comentarios dos asistentes é que a novela se le soa. A maioría coincidiu en destacar que é unha lectura áxil e dinámica. A algúns sorprendeu o uso do humor. Pese ao truculento dos asasinatos, Feijoo consegue arrincarnos sorrisos .
Salientóuse como un dos puntos fortes da obra o ben documentada que está a trama. O libro serviunos para profundizar na historia de Manuel Blanco Romasanta e a figura mítica e real do sacauntos. Falamos da rede de tráfico de substancias do corpo humano (o unto), ás que antigamente se lles atribuían propiedades curativas. E, nun plano máis actual, debatemos sobre as tramas políticas e económicas que moitas veces se agochan tralos incendios forestais.
A opinión xeral sobre a obra foi positiva, aínda que algúns dos asistentes comentaron que quizais non lles atrapou tanto como obras anteriores do autor. O punto mais discutido foi o final. Sen facer spoilers (o que pasa no Club, queda no Club!), diremos que o desenlace xerou opinións encontradas.
Grazas a todas e todos por vir e compartir as vosas lecturas. Vémonos na próxima xuntanza!
Chegou o final do trimeste e que mellor forma de despedilo que coa xuntanza do club de lectura para comentar a nosa primeira lectura do curso: "Invisible" de Eloy Moreno.
Estrenamos con este título a lectura en formato audiolibro, que combinamos coa lectura do libro en formato dixital e físico.
As lectoras e lectores da Farixa pedírono...e nós cumplimos!
Moitos de vós queriades quedadas mais a miudo para comentar como van as lecturas, intercambiar recomendacións lectoras e compartir descubrimientos antes de rematar o libro. E así será!
Reunións periódicas na biblioteca:
Club de Lectura Fácil: 1º e 3º luns do mes
Club de Lectura en Francés: 1º e 3º martes
Club de Lectura en Inglés: 1º e 3º mércores
Club Xeral: 1º e 3º xoves
Onde: na biblioteca
Cando: no recreo
Estas citas non substitúen as reunións finais trimestrais, senón que se suman a elas. Esperamos que as disfrutedes!
Este trimestre vimos cargadiños de boas historias, emocións e reflexións. Tras a primeira reunión de todos os participantes, aquí van as nosas lecturas seleccionadas:
"Onde nacen as bestas", de Pedro Feijoo.
Un thriller ambientado en Ourense, nunha pequena vila do rural, onde entre o lume do val e as néboas da serra, teñen lugar unha serie de asasinatos que espertan a memoria do "o home lobo de Allariz" ou " o sacamantecas".
"Invisible," de Eloy Moreno
Un libro que chega directo ao corazón, no que se abordan temas complexos como o acoso escolar, a soidade e a invisibilidade social. Unha historia sobre o valor de ser un mesmo, sobre o poder das palabras e sobre o feito de que, ás veces, o máis difícil é atreverse a ser visible.
Club de inglés: "Here One Moment", de Liane Moriarty
Unha lectura intrigante e chea de xiros: unha muller levántase nun avión e predice cando morrerán todos. Todos rinse ata que comeza a facerse realidade...
Club de francés: "Corps sonores", de Julie Maroh
Un cómic poético e visualmente fermoso no que, a través de pequenas historias interconectadas, Maroh retrata distintas formas de amor, desexo e identidade, sempre cunha mirada inclusiva, delicada e poética.
Chegou o esperado momento do reencontro e de coñecer ás novas incorporacións ao Club.
Nesta primeira reunión poñeremos en común as lecturas realizadas no verán e entre todos decidiremos os primeros libros que imos ler.
Tamén poderán xurdir diferentes clubs de lectura temáticos, dependendo dos nosos intereses (club de cómic, club de lectura en idioma extranxeiro, Club de terror, etc.)
Esperámovos!
Desentierra a túa próxima lectura favorita: webs xeniais para amantes dos libros!
Apunta estas direccións, porque poden axudarte a descubrir a túa próxima lectura:
1. Gnooks e Literature Maps: Amigos dos teus libros!
Encantouche un libro e queres algo parecidísimo pero non sabes por onde tirar? Pois Gnooks e Literature Maps son os teus novos mellores amigos!
Gnooks (www.gnooks.com) pídeche que introduzas tres autores que che gusten, e voilà! Suxíreche outros que poderían encaixar cos teus gustos. É como ter un libreiro súper intelixente en casa, pero sen ter que aguantar as súas opinións sobre o final da túa serie favorita!
Literature Maps (www.literature-map.com) é unha marabilla visual. Escribes o nome dun autor, e créache un "mapa" con nomes de autores similares ao seu redor. Canto máis preto estean, máis parecidos son os seus estilos ou temáticas. É como un Google Maps da literatura!
2. Whichbook: O teu estado de ánimo manda!
Apetéceche unha lectura "optimista" pero tamén "violenta"? Ou quizáis algo "divertido" e "desafiante"? Non hai problema! Whichbook (www.whichbook.net) é unha web moi orixinal que che permite buscar libros segundo o teu estado de ánimo ou as características que busques na historia. Teñen unha serie de barras deslizantes onde podes elixir se queres algo "feliz" ou "triste", "predicible" ou "impredicible" etc. É case como crear o libro dos teus soños a medida!
3. A Visual Book Recommender: Entra polos ollos!
Esta web (ás veces integrada en plataformas como Goodreads ou The StoryGraph) suxíreche libros baseándose na portada e o deseño. Ás veces, unha boa portada é a porta de entrada a unha historia incrible, verdade? E non hai que negalo, un libro bonito loce xenial no andel!
4. An Ocean of Books: Mergúllache nun mar de coñecemento!
Para os que aman a non ficción e queren explorar temas a fondo, An Ocean of Books (refírese a webs como BookBub ou Shepherd.com, que che guían por temas e xéneros) é unha marabilla. É como unha biblioteca infinita onde podes descubrir libros sobre calquera cousa que se che ocorra, desde a historia das pirámides ata os misterios do universo. Axúdache a navegar por xéneros e categorías para atopar ese ensaio ou biografía que che deixará pegado ás súas páxinas.
5. The Pudding: 11 Years of Top-Selling Book Covers: Arte que inspira!
Atención, deseñadores, artistas e curiosos! The Pudding: 11 Years of Top-Selling Book Covers (www.pudding.cool/2019/08/book-covers/) é un proxecto fascinante que analiza as tendencias nas portadas dos libros máis vendidos. É unha viaxe visual por como evolucionou o deseño editorial ao longo dunha década. Verás patróns, cores e estilos que se repiten. Ideal para inspirarse ou simplemente para alucinar coa creatividade que hai detrás de cada cuberta!
E unha extra que nos encanta a nós! What Should I Read Next?
Esta joyita, What Should I Read Next? (www.whatshouldireadnext.com), é como ter un bibliotecario persoal 24/7. Simplemente introduces o título e autor dun libro que che gustara, e xérache unha lista de recomendacións doutros libros que poderías gozar. É infalible e súper fácil de usar!
Así que xa sabes, a próxima vez que che pique a espiral da lectura e non saibas que devorar, lánzache a estas webs! Estamos seguros de que atoparás a túa próxima obsesión literaria.
Felices lecturas!
Ola a todos e todas e benvidos/as a un novo curso!
Sabemos que estades a tope co inicio de curso, pero na biblioteca xa estamos a quentar motores para un ano cheo de proxectos , lecturas, e, sobre todo, bo ambiente!
Volve "Papalibros", o noso club de lectura!
Este ano vimos cargados de novidades e queremos que sexades parte delas dende o minuto cero. Por iso, na nosa primeira xuntanza, decidiremos xuntos/as o rumbo de "Papalibros":
Un único club para dominalos a todos? Seguiremos coa dinámica de ler un libro por trimestre, elixido entre todos/as, para comentalo nas nosas reunións.
Ou dividímonos por gustos? Podemos crear clubs temáticos máis específicos para os que tedes unha paixón moi clara:
Club do Cómic: se a tua paixón son as novelas gráficas ou banda deseñada.
Club de Lectura Fácil: se che apetece ler dunha forma máis accesible e relaxada.
Club de Thriller: se non podes vivir sen unha boa dose de misterio e suspense.
Club de Poesía: se o teu é gozar dos versos e a beleza da linguaxe.
Club de cine
etc.
Que me espera en "Papalibros"?
Ademais das xuntanzas para esmiuzar os libros, organizaremos encontros con autor@s, roteiros literarios e moitas máis sorpresas que iremos desvelando.
Cómo me apunto ao Club de Lectura?
Podes anotarte:
enviando un correo a biblioteca@farixa.es , indicando o teu nome e apelidos, o curso que estás matriculado/a, e o tipo de libros que che gusta ler.
apuntándote na ACF da Aula Moodle do centro.
Non o penses máis e únete!
O noso club de lectura, Papalibros, rematou o trimestre mergullado nas rúas e nos misterios que propón "Detective Ferruchi". Analizamos pistas, sospeitamos de personaxes e debatemos sobre cada xiro do guión. Pero, que hai detrás da historia? Quen move os fíos desta fascinante trama?
Para responder a estas e moitas outras preguntas, temos a inmensa honra de anunciar un encontro moi especial: Marta Villar en directo!
O vindeiro martes, 17 de xuño ven ao CIFP A Farixa Marta Villar, a aclamada autora da novela gañadora do premio Xerais de novela. Non será unha charla convencional, senón unha tertulia aberta e dinámica, unha oportunidade de ouro para conversar directamente coa creadora dun dos libros que máis nos enganchou este ano.
Este encontro é a culminación do traballo do noso club de lectura Papalibros, que seleccionou esta obra como lectura principal do terceiro trimestre, consolidando a nosa aposta pola literatura galega contemporánea e de calidade.
Que agardar do encontro?
A sesión está deseñada para ser interactiva e participativa. Falaremos sobre:
O proceso creativo: De onde nace a historia? Como se constrúe unha trama que funcione?
Segredos da escrita: Marta compartirá a súa experiencia como escritora, os seus métodos de traballo e os desafíos de enfrontarse a unha páxina en branco.
Debate aberto: Os asistentes terán a palabra. Será o momento perfecto para resolver esas dúbidas que quedaron no aire tras rematar o libro e compartir as vosas teorías e impresións directamente coa autora.
Un evento para toda a comunidade educativa
Aínda que a iniciativa parte do club de lectura Papalibros, a invitación esténdese a toda a comunidade educativa do CIFP A Farixa e veciñanza con interese na literatura, na cultura galega ou, simplemente, con ganas de coñecer de preto o mundo que se agocha detrás dun libro.
Apunta os datos e non fagas outros plans:
💬 Tertulia con Marta Villar, autora de "Detective Ferruchi".
🗓️ Martes, 17 de xuño, ás 11:00
📍 Onde: Biblioteca do CIFP A Farixa.
Prepárate para unha tarde de misterio, literatura e conversa. Unha ocasión única para poñerlle cara e voz ás historias que nos fan soñar, pensar e, sobre todo, ler.
Non faltes!
Rematan as tertulias literarias organizadas polo Concello en colaboración coa Deputación de Ourense, nas que tivemos a sorte de poder participar
Nesta ocasión reunímonos para falar da lectura "La mala costumbre", de Alana S. Portero, unha obra que non deixou indiferente a ninguén e que gustou moito aos lectores.
O libro narra a historia dunha moza trans que vive no barrio obreiro de San Blás dos anos 80 de Madrid , a quen acompañamos dende a súa infancia e adolescencia ata a adultez. Nese traxecto, a obra aborda moitos temas entre os que están as duras condicións socioeconómicas dos barrios obreiros da época, o problema das drogas e os estragos que fixo nas familias, a violencia de xénero , a prostitución, a pouca comprensión cara a diveridade sexual e os problemas que atopan estes colectivos, a sororidade entre as mulleres trans, etc.
Os lectores destacaron especialmente que pese ao sensible e descarnado dalgúns dos temas que aborda, a novela é gustosa e amable de ler, deixando un moi bo sabor de boca,
Como sempre, escoller as seguintes lecturas dos clubes non foi nada doado. Entre unha chea de propostas interesantes, estos son os libros que resultaron escollidos:
📖 Detective Ferruchi, de Marta Villar
No club de adultos estamos a ler esta divertida obra, premiada co XLI Premio Xeráis de Novela. A redor da investigación do asesinato do veterinario da vila, imos descubrindo unha serie de persoaxes coas que aprendemos cómo era o traballo nas coperativas téxtiles que traballaban para Inditex nos seus comezos, e moitos outros temas que nos faran reflexionar.
📖 Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales
Esta foi a obra escollida no club de lectura de alumnos . Ademáis, con esta lectura imos a estrenar o préstamo de libros electrónicos a través da plataforma ELBE-2 que temos a nosa disposción. Nesta novela, catro mulleres moi distintas entre sí deixan mensaxes en catro contestadores automáticas , a través dos cuales imos coñecendo as súas historias.
📖 La mala costumbre, de Alana S. Portero
Esta foi a obra escollida entre todos os centros educativos ourensáns que participamos nas tertulias literarias promovidas polo Concello de Ourense. A obra narra a historia dunha nena trans que vive nos 80 nun barrio obrero de Madrid, e que se enfronta aos desafíos de crecer nunha contorna hostil, onde a droga e a falta de oportunidades son a norma.
📖 El perro de los Baskerville, de Arthur Conan Doyle, adaptado por Nuria Pradas a lectura fácil
No club de lectura fácil estamos a ler este clásico da literatura que seguro que nos fai entreter dun modo terrorífico!
Unha das obras escollidas para o segundo trimestre foi La Fundación, unha obra de teatro de Antonio Buero Vallejo, unha elección feita por un grupo de alumnos que xa a coñecían das súas etapas anteriores no bacharelato… mais que querían redescubrir desde unha nova mirada.
Por iso, a maiores da lectura habitual, decidimos facer unha actividade diferente: o visionado conxunto dunha adaptación teatral da obra, seguido dun coloquio e espazo de reflexión. A experiencia foi intensa e moi enriquecedora.
Grazas a todo o alumnado participante pola súa asistencia y as aportacións que fixeron á reflexión.
Nesta nova xuntanza do Club de Lectura de Cómic, achegámonos a unha obra que non deixou indiferente a ninguén: Subnormal, de Fernando Llor (guión) e Miguel Porto (ilustración). Un cómic duro pero necesario que nos puxo fronte ao acoso escolar e ás súas consecuencias.
A obra, baseada nun caso real, narra a historia dun rapaz que sofre bullying durante anos por parte dos seus compañeiros, e reflexa un sistema educativo que non é capaz de darlle resposta axeitada.
Durante o encontro, o grupo compartiu reflexións sobre os diferentes tipos de violencia que aparecen na historia: a física, a psicolóxica, a que vén dos compañeiros, pero tamén a que procede da pasividade do entorno. Falamos do papel das familias, do profesorado, do equipo directivo… Outro dos temas que emerxeu con forza foi o da saúde mental e como as feridas invisibles poden marcar profundamente a vida dunha persoa.
Grazas a todas as persoas que asististes e compartistes as vosas impresións.!
Hoxe xuntámonos no Club de Lectura para comentar "Todo esto te daré" de Dolores Redondo.
Houbo quen non puido parar de ler...e quen lle sobrou medio libro!. Gustaron moito os temas abarcados na novela: homosexualidade, drogas, abusos sexuais, entre outros, deron para moito análise e debate. Sen embargo, houbo quen considerou que se fai un retrato dunha Galiza e dunha Ribeira Sacra "atrasada" que non se corresponde en absoluto coa realidade.
A valoración xeral do libro foi dun 6 sobre 10, o que non está mal.
Aproveitamos a xuntanza para comentar as primeiras impresións sobre o novo libro que estamos a ler no club: "Detective Ferruchi", de Marta Villar, e está gustando moito ata o momento. Tamén puxemos en común recomendacións para futuras lecturas!Grazas a todos e todas por participar!
O xoves 3 de abril o CIFP A Farixa tivo a oportunidade de participar na Tertulia Literaria e posterior encontro co autor Alberto Mancebo para falar da súa obra "Indolente", gañadora do XXX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.
O evento, organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Deputación de Ourense, celebróuse no Liceo de Ourense.
Pasámolo estupendamente falando da obra e dos temas que abarca. O encontro deu pé á reflexión sobre temas moi variados, como o cambio climático e a empatía humana.
Quedamos esperando con ansia a próxima tertulia!!
Tras as primeiras reunións dos clubes de lectura, tocaba escoller as seguintes lecturas, e non foi nada doado. Houbo moitas propostas interesantes e foi moi difícil decidir entre todas elas, pero ao final estos son os libros que resultaron escollidos:
📖 Subnormal, unha historia de acoso escolar, de Fernando Llor
No club de banda deseñada estamos a ler esta novela gráfica que relata o acoso escolar sufrido por Iñaki Zubizarreta, ex-xogador de baloncesto. Os exemplares foron cedidos pola biblioteca do Ies As Lagoas, á cual agradecemos enormemente o préstamo e a súa colaboración
📖 La fundación, de Antonio Buero Vallejo
Esta foi a obra escollida no club de lectura de alumnos . Neste ano no que o lema das bibliotecas escolares é "Biblioteca escolar, á escena!, qué mellor que unha obra mestra do teatro español para celebralo!
📖 El extraño caso del doctor Jekyll y Mr. Hyde, de Robert Louis Stevenson
No club de lectura fácil estamos a ler a versión adaptada e accesible de este clásico da literatura que explora o lado máis escuro do ser humano, a identidade persoal, o conflicto entre o ben e o mal e e os límites da ciencia
📖 Todo esto te daré, de Dolores Redondo
No club de lectura de adultos estamos a ler este thriller ambientado na Ribeira Sacra no que Manuel, tras recibir a noticia da morte do seu marido nun accidente, comeza a descubrir segredos ocultos que nos manterán en vilo
Hoxe tivo lugar a reunión para por en común a lectura do primeiro trimestre, O curioso incidente do can a medianoite, de Mark Haddon, un libro fermoso que disfrutamos moitísimo. A obra está escrita dende a mirada do seu protagonista, Christopher Boone, un rapaz de 15 anos cun trastorno do espectro autista que investiga a morte do can da súa veciña. Nas peripecias que vai vivir nestas pescudas acaban saíndo outros temas, como as relacións de parella e as dificultades dos coidados dos fillos.
Gustaron moito os "toques matemáticos" que van aparecendo no libro, e que reflexan o gusto do protagonista polas matemáticas e pola lóxica, como por exemplo, que os capítulos estean numerados usando só números primos (2, 3, 5, 7, 11, 13 en vez do tradicional 1,2,3...).
Na reunión abordouse o tema de que si ben o libro permite poñernos no lugar das persoas con capacidades diversas, e fomenta a empatía hacia as persoas con diferenzas cognitivas e sensoriais, a construcción da persoaxe de Cnristopher non é un reflexo fiel do espectro autista e cae as veces nos estereotipos. A novela é unha obra de ficción que non busca comprender o TEA de forma profunda.
Na xuntanza poidemos disfrutar de una merenda saudable que fixo o encontro especialmente "delicioso". Xa estamos barallando a seguinte lectura e esperando con ansia a próxima cita lectora!
Outra vez mais, reunímonos no club de lectura fácil, no que estamos a ler A idade da ira, de Nando López, que tantos temas de discusión fixo xurdir. Esta era a nosa primeira lectura no formato "Lectura Fácil" e temos que decir que foi un gran descubrimento, gracias ao cual todo o mundo puido gozar da lectura.
Nas reunións semanais de lectura, o primeiro que facemos é ler en voz alta un capítulo e despois comentar o lido. Algúns capítulos deron lugar a moitas más reflexións e discusións que outros, polo que nalgunhas ocasións avanzábamos mais na lectura que noutras. Deunos algo de pena rematar o libro!
A lectura gustou moito a todos os participantes. Está basado en feitos reais: Marcos, un estudante de 16 anos, mata ao seu pai e deixa malferido a un dos seus irmáns. Un periodista decide investigar estos feitos e imos acompañándolo na súa investigación. Os profesores e compañeiros de Marcos van aportando os seus relatos sobre o acontecido e moitos temas saen á luz: o descubrimiento da propia identidade sexual, o racismo, os abusos sexuais, o estilo de crianza autoritario, etc...
A obra foi adaptada a unha serie de televisión que pode verse en A3 Player.
Hoxe, 20 de decembro, tivo lugar a xuntanza do club de lectura de adultos para a posta en común da lectura do libro "A amiga estupenda", primeiro libro da tetraloxía "Dos amigas", de Elena Ferrante, que foi recentemente seleccionado polo New York Times como o mellor libro do século XXI.
O primeiro que nos chamou a atención é que non se sabe quen escribiu o libro, xa que Elena Ferrante é o seudónimo baixo o que firma un autor ou autora descoñecido. Houbo sospechas de que a autora poidera ser a traductora Anita Raja, pero non hai confirmación fehaciente.
O libro gustou moito a case todos, ainda que non tanto como para nomealo mellor libro do séculoXXI! Pareceunos que está moi ben escrito e que resulta entretido, atrápate e non consigues deixar de ler. Relata a historia da amizade entre Lenú e Lina, dúas amigas que viven en Nápoles nos anos 50, nun barrio humilde e marcado pola violencia e as dificultades económicas, dende a infancia ata o casamento de Lila. Pero o libro aborda moitos mais temas ademáis da amizade: a identidade, as clases sociais, a violencia, o rol das mulleres e os condicionantes sociais que moldean as nosas vidas.
Animámosvos a descubrir esta obra na nosa biblioteca e a compartir as vosas impresións da lectura !
Hoxe tivo lugar a xuntanza do club de lectura de banda deseñada que xurdiu este curso, para compartir impresións sobre a primeira lectura: "Solanin", o manga de Inio Asano.
A obra está ambientada no Xapón contemporáneo, e nela se ilustra a historia de Meiko, unha moza que decide abandonar o seu monótono traballo de oficina para buscar algo máis significativo na súa vida, e Taneda, o seu noivo, un músico que loita por perseguir os seus soños artísticos mentres encara as dificultades da vida adulta.
En Solanin explóranse os retos emocionais e existenciais da mocidade e do paso á vida adulta, abordando temas universais como a identidade, o sentido da vida, a liberdade, a amizade e a perda.
O manga gustou moito a todos os participantes. Algúns dos asistentes comentaron que se sentiron moi identificados co libro, por exemplo cando reflexa a necesidade de romper coa rutina e perseguir os soños. Houbo tamén quen manifestou que a lectura resultara ás veces demasiado intensa dende un punto de vista emocional, pero que lles gustara de todos modos. Tamén gustaron moito as ilustracións!
Para os que aínda non tivesteses a oportunidade de ler esta obra, Solanin está dispoñible na nosa biblioteca e é unha lectura que recomendamos sen dúbida!
Hoxe foi 24 de outubro, día das bibliotecas, e que mellor ocasión que esta para ter a primeira reunión do clube de lectura de alumnos e alumnas do noso centro.
Tomáronse decisións impotantes: valoráronse distintas obras como posibles primeiras lecturas, tendo en conta as propostas do equipo de bilblioteca e dos integrantes do club, sopesóuse a posibilidade de facer un ou varios clubes temáticos, como así foi, e discutiuse o calendario de reunións.
Os acordos adoptados foron os seguintes:
no club de Lectura Fácil a primeira lectura será "La edad de la ira", de Nando López. Basada en feitos reais, ten adaptación a serie de televisión e a teatro. Narra a historia dun instituto que amanece conmocionado pola noticia de que Marcos, un alumno aparentemente perfecto, ven de asasinar brutalmente ao seu pai. Un periodista investiga estes feitos buscando comprendelos.
no club de banda deseñada leremos "Solanin" de Inio Asano, un manga que aborda o paso á vida adulta e as incertezas laborais e existencias que enfronta a xente nova na actualidade.
no club xeneralista a primeira lectura vai ser "O curiouso incidente do can a medianoite" de Mark Haddon. O protagonista é un rapaz con Asperger que xunto co seu pai, investiga a morte dun can. A través da súa perspectiva única, descubrimos como vive e entende o mundo, nunha historia chea de sensibilidade e humor.
no club de club de adultos (profesorado, persoal de servizos, pais, nais e membros da comunidade ) escolleuse "La amiga estupenda", de Elena Ferrante, que ven de ser escollido polo New York Times como o mellor libro do último século. Conta a vida de dúas amigas no Nápoles de mediadios do século pasado.
Novidade!! Este curso, aínda mais lecturas!
Estamos encantados de anunciar o lanzamento do noso Club de Lectura de Adultos, ao que están invitados os familiares dos estudantes e a veciñanza do centro!
A idea é moi sinxela: reunirnos unha vez ao mes trimestre, nun ambiente relaxado e acolledor, para falar dun libro que lemos xuntos. E non te preocupes se non chegas a terminalo, o importante é o entusiasmo por participar.
Non importa se les moito ou se estás a empezar a gozar da lectura, este club é para todos e todas. A única condición é ter ganas de gozar dunha boa conversa, coñecer a outros membros da comunidade e descubrir historias marabillosas.
Se estades interesados en participar, simplemente enviade un correo a biblioteca@farixa.es!!
En breve comunicaremos a nosa primeira lectura. Vémonos moi pronto!
Estamos emocionados de anunciar que o noso Club de Lectura volve á carga!
Non importa se es un lector habitual ou se apenas estás a descubrir o gusto pola lectura, no Club de Lectura "Papalibros" todos e todas tedes cabida!
Cada trimestre leremos un libro que seleccionaremos entre as suxestións do equipo da biblioteca e as recomendacións dos membros do club. Así que, non só poderás gozar de grandes lecturas, tamén terás voz na elección!
Que podes esperar do club?
Un libro por trimestre: tempo máis que suficiente para saborear a lectura sen prisas, reflexionar sobre o lido e debater.
Reunións periódicas: alo menos unha a o trimestre, para discutir o libro escollido, compartir as túas opinións, escoitar as dos demais e aprender e desfrutar xuntos.
Sorpresas e actividades: ademais das lecturas, estamos a preparar algunhas actividades para facer a experiencia aínda máis enriquecedora, como poden ser encontros con autores, roteiros literarios e moito mais!
Se che interesa sumarche, podes facelo anotándote na Aula Moodle, na ACF "Club de lectura", achegándote á biblioteca ou ben enviando un correo electrónico a biblioteca@farixa.es
Animádevos a participar!!!
Eperámosvos cos libros abertos!!! 🚀📚
🏖️Chegou o momento de descansar e coller folgos para o curso que ven. E qué mellor que facelo na compaña dunha boa lectura!
Dende o club vos propoñemos unha selección de títulos para que disfrutedes deles este verán. Todos teñen en común haber sido adaptados ao cine e/ou a televisión, así que poderedes disfrutar de ambos nos dous formatos!
Pasade pola biblioteca a coller o voso exemplar!
Hoxe 30 de maio tivo lugar o encontro do club de lectura para falar sobre as nosas lecturas do trimestre, en especial, do libro de Tatiana Tibuleac "O verán no que miña nai tivo os ollos verdes", que foi o libro escollido pola maioría de membros do club.
Na reunión botamos de menos aos membros do club que están a facer a formación en centros de traballo, algúns deles no estranxeiro, polo que no puideron asistir. Pese a todo, o encontro foi moi intenso e deu pé a moito debate e a unha animada conversa.
Un dos puntos máis comentados durante a sesión foi a relación entre o protagonista e a súa nai. Unha das nosas alumnas compartiu unha reflexión moi persoal: aínda que encontraba que o libro estaba moi ben escrito, resultoulle difícil gozar da lectura debido á maneira en que o protagonista trata á súa nai. Como filla, molestáballe profundamente ver esa dinámica, o que xerou un interesante debate sobre as relacións familiares e cómo se reflexan na literatura. Outro participante confesou que non puido terminar de ler o libro porque lle resultaba emocionalmente moi duro. A propia Tatiana Tibuleac ten expresado que busca que os seus libros provoquen unha reacción emocional no lector, e na nosa opinión, certamente o consigue.
Pese a dureza emocional do libro, aquel que consigue superar a tensión emocional das primeiras follas, será recompensado cun libro realmente ben escrito e cunha visión mais esperanzadora e amable, cunha mensaxe de esperanza, que a través do amor as feridas poden curar.
Outros temas que saíron no encontro foron a perda dun ser querido e a ferida que ésta deixa nos que quedan, a enfermedade, en especial, o cáncer e a enfermedade mental e cómo esta última causa un estigma naquel que a padece, mais se eres un artista, pásase a considerar "xenialidade" ou "excentricidade".
Disfrutamos moito coa lectura en alto daqueles pasaxes da novela que mais nos chamaron a atención, deleitándonos na forma de escribir de Tatiana.
Chegou o momento da despedida, cun pouco de pena, xa que esta era a última reunión do curso, pero con moitas gañas de que chegue o seguinte para reaundar as xuntazas e seguir disfrutando todos xuntos de bos momentos e boas lecturas. Aproveitamos tamén para poñer en común recomendacións de lecturas para o verán, que compartiremos con vos nos próximos días.
Ata o vindeiro curso a todos e todas!
Seguindo as recomendacións de Alba Guzmán, a autora de "Xoaniña de Deus", temos escollido o libro de lectura do club para este terceiro trimestre.
Trátase do libro 🏖️"O verán no que miña nai tivo os ollos verdes", de Tatiana Tibuleac, no que se abordan as relacións entre nais e fillos e faise un alegato en favor de que nunca é tarde para o amor e o perdón.
Podedes consultar aquí a guía de lectura sobre o libro elaborada pola biblioteca municipal de A Coruña:
Outros libros que estamos a leer no noso club neste terceiro trimestre, son os seguintes:
🌞Klara y el sol, de Kazuo Ishiguro
🌒Grito nocturno, de Borja González, que gañóu ou premio nacional de cómic 2023
🌆Os suicidantes, con guión de Diego Ameixeiras e ilustracións de Tomás Guerrero
✈️La anomalía, de Hervé le Tellier, gañadora do premio Goncourt 2020
🧕Persépole, de Marjane Satrapi
Hoxe, 28 de febreiro, na reunión do club de lectura "Papalibros", tivemos a inmensa ledicia de contar coa presenza de Alba Guzmán, a nova autora de "Xoaniña de Deus", libro que recibíu o premio de novela curta Xuventude Crea e que foi unha das lecturas nestre trimestre no club.
A primeira cousa que chama a atención, ademais da xuventude da autora, é o feito de que esta sexa unha estudante de enxeñería biomédica! Pois van ter razón os que din que isto de escribir, (e moi ben, por certo), non é nin de" ciencias" nin de" letras". O segredo da boa escritura, na opinión de Alba, non é outro que ler moito e escribir abondo.
Tamén chamou a atención dos nosos lectores que a novela teña como personaxe central a unha muller que padece de alzheimer, da que iremos descubrindo a súa vida. Cóntanos Alba que o libro fala en realidade da soidade, por iso a doenza da protagonista, que fai que ao final da súa vida xa non se teña nin a si mesma.
Na xuntanza saíron outros moitos temas, por exemplo, como se presentan os malos tratos, o final do libro e as súas interpretacións (que non desvelamos para non destripalo), como foi a construción de personaxes secundarias entrañables como o tatuador, etc. E satisfixemos a nosa curiosidade acerca de como é o proceso editorial dun libro, como funciona iso das correccións e todo o que hai detrás do mundo editorial.
Rematamos a xuntanza preguntando a Alba cales son algúns dos seus libros favoritos, e aí van algunhas das súas recomendacións:
🏖️"O verán no que miña nai tivo os ollos verdes" e "El jardín de vidrio", de Tatiana Tibuleac.
👨👨👦"Os seres queridos", "Carrusel" e "Un elefante na sala de estar", de Berta Dávila.
✨"Los nombre propios", de Marta Jiménez.
♦️ "Elena sabe", de Claudia Piñeiro.
Moitas grazas a Alba por acompañarnos neste encontro e compartir cos nosos lectores os segredos sobre a súa obra e o funcionamento do mundo editorial. Ata a próxima!
No clube de lectura "Papalibros" do CIFP A Farixa estamos a ler estes libros no segundo trimestre do curso:
🌍 Palestina, de Joe Sacco: un cómic periodístico que explora a vida cotiá dos palestinos nos territorios ocupados
🎒 Educación siberiana, de Nikolai Lilin. Unha obra autobiográfica sobre a vida dun neno que crece nunha comunidade de criminais de Siberia
☄️La luz perdida, de Nino Haratischwili. As vidas entrecruzadas de catro amigas có trasfondo da revolución xeorxiana
❔ Quién sabe si mañana seguiremos aquí, de Kim Young-Ha. As memorias dun ancián, asesino xubilado, que sofre os primeiros síntomas do alzheimer e que trata de atopar a súa filla desaparecida
🔢 La soledad de los números primos, de Paolo Gordiano. A historia de Alice e Mattia, cuxas vidas se entrecruzan pero que como os números primos "xemelgos", algo lles mantén xuntos pero non o bastante para tocarse de verdade
👵Xoaniña de Deus, de Alba Guzmán. A historia da vida dunha muller diagnosticada de alzhéimer. Amor, drama e un pouco de humor forman parte das lembranzas que ela mesma debe pechar antes de que a súa memoria se apague para sempre
🪖 A lección de August, de R.J. Palacio. August é un neno cunha deformidade na cara que comeza o instituto, onde algúns compañeiros métense con el. Unha historia sobre o bullying, a autoestima e a aceptación
🤩🤩 Pasade pola biblioteca e recollede o voso exemplar. Esperamos que disfrutedes destas lecturas tanto como nós!
O venres, 12 de xaneiro, o club de lectura "Papalibros" do noso centro tivo o pracer de contar coa presenza do autor ourensán Juan Tallón, que veu falar sobre o seu libro "Rewind", unha das lecturas do club neste primeiro trimestre do curso.
Neste encontro descubrimos como foi o proceso de creación de Rewind e como afronta Tallón a escritura dos seus libros e artigos. Sorprendeunos saber que, no caso de Rewind, primeiro pensou na estrutura do libro, e que os matices da trama e os personaxes viñeron despois. Indagamos sobre os personaxes da novela, dende quen servira de inspiración para a entrañable quiosqueira ata o denostado pai de Emma e o que del coñecemos no final da obra. Aproveitamos tamén para falar do seu libro "Obra maestra", que en breve chegará á nosa biblioteca, e sobre qué está a escribir neste momento o autor.
Durante o encontro os/as participantes gozaron dun aperitivo saudable con froita fresca e biscoito, creando un ambiente acolledor para conversar e compartir impresións.
Un agradecemento especial a Juan Tallón polo seu tempo e a todos/as os/as participantes por facer deste encontro unha experiencia única.
Tras a primeira xuntaza, decidíuse que non imos ler todos o mesmo libro, senón que cada quén escollerá un libro do seu interese, e nas xuntanzas iremos comentando as nosas diferentes lecturas.
Decidíuse tamén que aquel libro que fora escollido por maior número de participantes no club rebirá un tempo mais extendido na xuntanza, para falar del.
O club escolleu 5 libros principais como recomendacións de lectura para este trimestre, que son os seguintes:
"Rewind", de Juan Tallón, en galego e castelán
"Beleza Vermella", de Arantza Portabales, en galego e castelán.
"Un lume azul", de Pedro Feijoo, tamén en galego e en castelán.
"Hamnet", de Maggie O'Farrel
"Heartstopper" de Alice Oseman
Outros libros que estamos a ler son "A vida secreta de Úrsula Bas" e "O home que matou a Antía Morgade", de Arantza Portabales, "Territorio descoñecido", de Luis Leante, "No pienses en un elefante rosa", de Antía Yáñez, e"Cien años de soledad", de Gabriel García Márquez
Felices lecturas!
Xa temos club de lectura!
Estamos moi contentos/as de anunciar que 28 estudantes, 11 profesores e dous membros do persoal de servizos do centro decidiron participar no club de lectura 👏. Moitas grazas a todos e todas polo interese amosado!
Teremos unha primeira xuntanza para coñecernos e decidir entre todos e todas o nome do noso club.
O equipo de biblioteca preparou unha listaxe de lecturas recomendadas. 👀 Botádelle unha ollada e facede tamén as vosas recomendacións ! Agardamos impacientes as vosas suxerencias!
Este curso, o Equipo de Biblioteca do CIFP A Farixa pon en marcha un club de lectura para estudantes, docentes, e persoal non docente.
A actividade consistirá en ler un libro por trimestre, para posteriormente comentar as impresións sobre as lecturas na xuntanza trimestral dos membros.
A selección dos libros a ler farémola entre todos/as na primeira xuntaza, unha vez postas en común as recomendacións de todos/as os/as participantes e do equipo de bibioteca.
Para participar tedes que anotarvos na Aula Moode, na ACF "Club de lectura" ou ben enviando un correo electrónico a biblioteca@farixa.es
Animádevos a participar!!!