Durante a nosa estancia no Liceul Teoretic Gheorghe Lazăr en Avrig, empregamos un enfoque de observación holística para analizar as prácticas docentes. Este tipo de observación permitiunos centrarnos na experiencia global da aula, prestando atención tanto ás interaccións entre o profesorado e o alumnado como ao ambiente xeral de aprendizaxe.
Para organizar o noso traballo, utilizamos follas de observación holística deseñadas previamente polo equipo do Centro Autonómico de Formación do Profesorado e Innovación Educativa, que incluían categorías clave como:
Estratexias empregadas polo profesorado.
Dinámica de participación do alumnado.
Uso de materiais e recursos.
Ambiente físico e emocional da aula.
Incluímos nesta páxina varios modelos e un exemplo dunha destas follas xa cuberta, onde se reflicten as nosas notas sobre unha clase de inglés. Este documento permite visualizar como este enfoque axuda a obter unha perspectiva xeral e equilibrada do que ocorre na aula, sen centrarse exclusivamente en detalles illados.
Se desexas coñecer máis sobre este tipo de instrumentos e como implementalos, consulta os recursos que compartimos na memoria de traballo que incluímos na páxina de Inicio. A observación holística é unha excelente ferramenta para reflexionar e mellorar a práctica docente, tanto dende o punto de vista do observador como do profesorado observado.