DIFUSIÓN
DIFUSIÓN
O espírito do programa "Observa_acción" fomenta a colaboración e aprendizaxe entre iguais. Por iso, durante o desenvolvemento desta cuarta e última fase, non deixamos de compartir, en tempo real e con toda a comunidade educativa, as nosas experiencias formativas.
Velaquí amosamos algúns exemplos das distintas estratexias de difusión empregadas durante a nosa estancia en Avrig e as semanas posteriores. Incluímos o noso vídeo-resumo, que recolle a acolledora esencia do Liceul Teoretic Gheorghe Lazăr, Avrig. Agardamos ir mellorando e facer medrar esta sección coas reflexións que xurdan a raíz da nosa experiencia. Non vola perdades!