Ola a todos e a todas!
Aquí temos un ano máis a nosa revista escolar, de novo en formato dixital.
Nela atoparedes moitas das cousas que pasaron no noso cole durante este curso 2017 / 2018, no que traballamos, como ben sabedes, a través dos contos. Entre outras: asistimos a un incrible concerto de rock, visitamos o Pazo de Señoráns, participamos xunto co CEP Ferro Couselo nun concurso de carteis para anunciar a festa da caña e anguía que se celebrará en Valga no verán e tamén na carreira pola lingua cos nenos / as do IES e do CEP Ferro Couselo.
En Nadal celebramos un divertido festival de panxoliñas e fixemos un mural.
Para celebrar o Día de Rosalía fixemos un retrato dela con fotos nosas e que quedou moi chulo!
Ao longo do curso levamos a cabo un proxecto sobre a vendima, fixemos murais, banco de palabras...
Tamén nos visitaron autoras como Ledicia Costas, participamos en talleres de regueifas e un montón de actividades máis!
Aproveitamos tamén este recuncho para desexarlles moita sorte aos nenos / as de 6º de primaria, que rematan a súa etapa no noso colexio. Esperamos que esta etapa fose para vós unha época inolvidable nas vosas vidas. Sempre vos teremos no noso pensamento. Recordade sempre os valores que aquí intentamos inculcarvos. Ánimo e adiante que vós podedes!
Pero non nos podemos olvidar de mencionar aos mestres / as que este curso nos deixan para seguir o seu camiño profesional noutros colexios: Begoña, Sandra, Tania, Yoli, Fernando, Carmen, Marisilla e Marta! Esperamos e desexamos que vos faga felices esta nova andaina. Sabedes que deixades unha forte pegada en todos nós. Moita sorte e recordade que sempre vos levaremos no corazón.
Dende aquí queremos agradecer tamén ás familias pola súa implicación e colaboración nos diferentes proxectos do colexio. Sen vós esta viaxe non sería posible.
E xa para rematar desexamos que esta revista sexa unha boa mostra destes proxectos, e que aínda que non poden estar todos, cremos que é unha excelente representación.
No vindeiro curso voltaremos vernos con novas ideas!
Dito isto... FELIZ VERÁN E VÉMONOS EN SETEMBRO!!