Este ano no "Easter Festival" tamén cambiou o conto...!
Once upon a time... / Había unha vez...
Había unha vez un colexio no que tódolos anos celebraban (cando chegaba o tempo das vacacións do segundo trimestre) unha festa que todos coñecían coma o "Easter Festival".
Nesa festa o alumnado do centro xuntábase formando equipos (con rapaces e rapazas dende cuarto de infantil ata sexto de primaria) e todos xuntos saían a buscar ovos agochados polo patio.
Chegou o día tan agardado por todos, pero chovía e o patio estaba tan mollado que os nenos e nenas podían escorregar. Era moi perigoso, por iso os mestres e mestras decidiron deixar a busca de ovos para a volta das vacacións.
Así nos cambiou o conto! O tempo estragounos o día! Non podedes imaxinar o tristes que quedaron todos...
Menos mal que puideron tomar rosca para compensar o amargo momento! Por certo...estaba boísima!
Non pensedes que isto remata aquí. Voltamos das vacacións, e aínda pasaron varios días ata que puidemos celebralo!
Non había día no que os rapaces non lle preguntaran ao director cando ían poder buscar os ovos! Aos "teachers" non lles preguntaban tantas veces, porque sabían que ían ter que facelo en inglés...!
Por fin, o martes 17 de abril foi o gran día. Como podedes ver nas fotos, estaba o patio cheo de nenos e nenas agardando atopar ducias de ovos!
Cando Katie, a auxiliar, lles dixo: "ready, steady, go!" saíron todos sen présa pero sen pausa...
Buscaron e buscaron. Atoparon ovos nas árbores, no chan, debaixo das pedras...
Estaban agochados nos sitios máis inesperados...
Tanto buscaron que algún acabou esgotado no chan...
Incluso moitos tiveron que ir mercar zapatos novos ao día seguinte do gastadas que quedaron as solas!
E por fin chegou a hora de contar os ovos e descubrir ao gañador...
Tódolos equipos conseguiron moitísimos ovos, pero o gañador foi (the winner was....) o TEAM 3!!!!
Non podedes imaxinar o contentos que quedaron cando souberon que colleran máis ovos que ningún outro equipo! E por enriba, iso tiña premio! Cada membro levou para a casa unha bolsiña chea de pequenas sorpresas.
Como vedes, non hai conto sen final feliz...
E colorín, colorado, este conto está rematado! ... And they lived happily ever after! THE END.