ESCOLMA DOS TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA SOBRE O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
A escritora Eliana Bouzas visitou o noso colexio co gallo da celebración do día da Muller Traballadora para falarnos da súa obra "Travesía Cebola. Diario dunha aprendizaxe” que érguese como unha viaxe cara o interior do individuo, no que o proceso de aprendizaxe sobre o mesmo vai evolucionando segundo se van quitando as capas ata deixar ao descuberto o núcleo real.
Para o noso centro foi unha visita moi especial xa que Eliana é natural Valga, lugar onde se asenta o noso colexio e eido ben coñecido por toda a comunidade educativa. Estamos orgullosos do teu traballo. Moitas grazas Eliana.
Para conmemorar a celebración deste día tan importante, ademais das actividades levadas a cabo nas aulas, realizáronse dúas pancartas que logo colgamos no patio do centro, como mostra do traballo realizado en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade.