En conmemoración do día da árbore, o alumnado de 5º curso participou nunha plantación de árbores autóctonas nun dos montes do concello. Tamén puideron comprobar como traballa unha patrulla de bombeiros forestais. Encantoulles a actividade e queren volver para o próximo curso.