O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro e quixemos facelo coas familias dos nosos alumnos e alumnas.
Foi un traballo largo e que resultou un pouquiño máis laborioso do que esperábamos pero cremos que pagou a pena ver o resultado acadado.
Moitísimas grazas ás familias que participaron, moitas máis das que esperábamos e animar dende aquí, que para a próxima, sexan moitas máis as que se sumen a iniciativa.
Miña casiña meu lar
Rosalía de Castro
Pastelería Real foi un agasallo de R alumnas de 6ºB, que estuvieron de voluntarias na Biblioteca Escolar durante o curso 2017-2018 e que quixeron despedirse dos seus compañeiros dunha forma especial.
Pero tan especial foi que foron elas as que organizaron todo. Inventaron a historia dándolle a volta a tres contos populares, prepararon decorados, trouxeron todo o que precisaban para os decorados, fixeron os carteis, e quedaron para facer magdalenas e galletas para agasallar ós compañeiros.
Que mellor broche para o cerre da Biblioteca ata o curso que vén!