Un ano máis o noso colexio participou na Carreira Solidaria "Kilómetros de solidariedade" a favor da ONG Save the Children.
Como sempre, foi un exitazo de participación...xa que todo o alumnado e o profesorado animáronse a correr para recaudar eses cartiños tan necesarios noutras partes do mundo!
A carreira celebrámola o día 30 de xaneiro, facéndoa coincidir co Día da Paz
Ao remate da carreira os participantes recaudamos un total de 1178.93€.
Dende o departamento de Educación Física, no nome do centro, dámosvos o noso máis profundo agradecemento polo traballo que realizastes os alumnos e alumnas, co que contribuíchedes a mellorar a situación de miles de nenos e nenas que están en situación de padecer ou padecen desnutrición, unha enfermidade que é prevenible e curable.
Ao cabo duns días chegounos ao colexio, un diploma de agradecemento e o recibín coa cantidade que conseguimos entre todos!
Piragüismo no Cole de Baño
Unha vez máis este ano levamos a cabo a unidade didáctica de Piragüismo coa colaboración do Club Náutico Pontecesures, onde hai que dicir que foi un éxito rotundo e houbo unha grande aceptación, co resultado de que moitos nenos e nenas quedaron apuntados para facer o curso de verán en dito Club.
Dende aquí querémoslle agradecer o facernos partícipes desta actividade e darlle a oportunidade aos nenos de poder coñecer este deporte tan motivador, entretido e gratificante.
O departamento de Educación Física.