UN CURSO PARA CONTAR EN IMAXES!!
Ao longo deste ano participamos en diversas actividades:
Os nenos e nenas de 3º colaboramos coa organización "Save the Children" para reunir fondos para os nenos e nenas que o necesitan.
Grazas aos nosos patrocinadores que o fixeron posible e á participación na carreira solidaria.
Tamén asistimos a unha clase de baloncesto no pavillón do concello na que aprendimos algunhas técnicas básicas deste deporte.
Durante o primeiro e o segundo trimestre asistimos a charlas e disfrutamos de moitos ratos de lectura na biblioteca.
Participamos na festa do Magosto con diversos xogos tradicionais e comemos o noso cucurucho cheo de castañas.
Na aula de 3ºA elaboramos un cartel con motivo do día da Muller, pola igualdade e a non violencia de xénero.
Un ano máis a nosa auxiliar de conversa Katie participou nas clases de Arts e aprendimos moito máis sobre a súa cultura, idioma e tradicións. Fixemos un montón de manualidades e o que máis nos gustou foron os vasiños para recoller doces e agasallos o día que celebramos o "Trick or Treat".
Entre tod@s preparamos unha festa sorpresa na aula, con actuacións, música e moitos agasallos feitos por nós que Katie levou para Reino Unido.
Este curso a temática escollida polo centro foron os contos e nós eleximos: Peter Pan. No entroido as aulas de 3º tinguíronse de cor verde e os nenos e nenas vestíronse de personaxes do conto coma: piratas, indios, Peter, Campaniña, etc. por un día.
Partipamos no Festival de Entroido coa actuación "Aquí en Nunca Jamás" do musical de Peter Pan.
Este foi o día no que almorzamos na Muiñada do Parque natural do Río Barosa. Famoso polos seus 16 muíños e a súa fervenza.
Tamén participamos na festa do Easter Festival e nas Olimpiadas organizadas pola ANPA do centro e gañamos un montón de premios e medallas.
Fantástica Festa de Fin de Curso na que a protagonista foi a auga!
Xogamos no futbolín, damas, tres en raia e ienga xigantes. Fixemos a nosas chapas de recordo deste día debuxadas por nós. Houbo xogos de puntería pero no que máis gozamos foi na pista deslizante de auga e nos tobogáns xigantes!
Foi un curso marabilloso que non esqueceremos xamáis!!