Ao longo deste curso, participamos en diversas actividades como foi o encontro con dúas grandes escritoras galegas coma Alicia Borrás e Ledicia Costas que nos fixeron unha charla-coloquio para falar dos seus libros, os cales traballamos ao longo do curso.
Tamén fixemos unha visita ao Pazo de Señorans en Meis, onde nos explicaron todo o proceso da elaboración do viño e da caña.
Á volta fixemos unha parada para merendar nas fervenzas de Barosa.
En colaboración co IES de Valga e co CEIP Ferro Couselo participamos na CARREIRA POLA LINGUA, onde ademáis de correr houbo outras actividades, como a da interpretación dun poema de Victoria Moreno a ritmo de RAP, a cargo duns alumnos de 6º.
MDG_8898.MOV
E PARA REMATAR O CURSO E FACER UNHA CONVIVENCIA TODOS XUNTOS ANTES DAS VACACIÓNS, AVENTURÁMONOS NUNHA EXPEDICIÓN EN PIRAGUA POLA RÍA DE AROUSA, COA AXUDA DO CLUB PIRAGÜILLA, NA QUE RESULTOU UNHA XORNADA DE LECER MOI GRATIFICANTE.