O 23 de Abril para celebrar o Día do Libro, todos/as os nenos/as do colexio disfrutaron de unha representación musical do Rei León. Comezaron os/as alumnos/as de 6º de E. P ca interpretación da obra instrumental A wimoweh na que tocaron unha melodía con frauta doce acompañada por xilófonos, metalófonos, timbais e campás tubulares. A continuación os/as alumnos/as de 5º de E. P representaron o seu musical baseado na obra O ciclo da vida; nesta escenificación poidemos disfrutar das súas coreografías, da interpretación da canción e de uns disfraces realizados polos seus protagonistas que enriqueceron a posta en escea e lle gustaron moito aos máis pequenos.