Outras materias
3º ciclo
3º ciclo
EDUCACIÓN FÍSICA: OBRADOIRO DE QUIDDITCH
Aproveitando que estamos traballando os deportes alternativos en EF e que o proxecto do cole xira en torno a Harry Potter, o martes, 12 de marzo, visitounos o equipo de quidditch "Dementores A Coruña", fundado no ano 2013.
Ignacio e David encargáronse de explicarnos as normas e peculiaridades deste deporte (os roles dos distintos xogadores, os diferentes tipos de pelotas a empregar, as puntuacións...) e probamos a xogar nós mesmos e mesmas.
Non voamos, pero pasámolo xenial!
CIENCIAS NATURAIS: MAXIA OU CIENCIA?
As rapazas e rapaces do 3º ciclo, xunto co alumnado de 4º de Primaria, desfrutaron dun taller de ciencia organizado pola empresa Cea Aberto. Nel puideron analizar e comprender en primeira persoa como detrás da maxia que puideron ver na primeira película da saga de Harry Potter se atopa, en realidade, a ciencia.
Participaron, aprenderon e desfrutaron moito desta actividade, coa cal demos inicio á Semana da Ciencia, que proximamente celebraremos no centro.
Facede click na fotografía para ver algunhas imaxes!