PLÁSTICA
3º CICLO
3º CICLO
BOLSAS PARA O MAGOSTO
Coma cada ano, as diferentes aulas elaboraron os seus propios recipientes nos que botar as castañas o día do Magosto. Neste caso, o alumnado do 3º ciclo fixo estas bolsiñas de papel, as cales decoraron con motivos de Harry Potter.
TREN A HOGWARTS
Para aplicar o punto de fuga nun debuxo, botamos man do tren Hogwarts Express. Despois de facer algunhas prácticas previas máis sinxelas, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP elaboraron individualmente o seu debuxo, seguindo os pasos dun videotitorial elaborado polas mestras de Educación Plástica.
VARIÑAS MÁXICAS
O comezo do segundo trimestre estivo dedicado na súa totalidade á elaboración dos disfraces do Entroido: alumnas e alumnos de Hogwarts.
Un dos elementos que fixemos na aula foi a nosa propia variña máxica. Para iso, recubrimos con arcilla de modelar un pau duns 30cm aproximadamente, dándolle a forma desexada.
Despois, cada un pintou a súa variña libremente e decorouna engadindo os accesorios que quixo.
TÚNICAS DE HOGWARTS
O outro elemento esencial do noso disfraz de Entroido era a túnica característica do alumnado que asiste a Hogwarts. Para iso, mercamos telas negras e medímonos para confeccionar os patróns.
Coa tela xa cortada, cada nena e neno hilvanou a súa túnica e coseuna, coa supervisión da nosa experta mestra costureira, facendo uso da máquina de coser de Polos Creativos.
Por último, engadimos os detalles: o escudo da casa de Hogwarts ao que pertencía cada un e o broche da capa.
HARRY POTTER AO ESTILO MONDRIAN
Rematamos o segundo trimestre do curso traballando ao pintor vangardista Piet Mondrian. Tras coñecer un pouquiño da súa vida e analizar as características da súas obras, cada alumno e alumna escolleu un elemento da saga de Harry Potter e representouno empregando, ao seu gusto, o estilo de Mondrian.
OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA
O alumnado do 3º ciclo desfrutou dun obradoiro impartido por un antigo mestre do noso centro que é todo un experto en papiroflexia.
Con el aprenderon a elaborar as diferentes partes básicas precisas para construir unha personaxe do mundo de Harry Potter empregando distintos anacos de papel.