Cada curso o CEIP San Tomé desenvolve un proxecto documental integrado dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Este ano o proxecto elixido foi "Da literatura ao cine", onde o alumnado investigará e analizará diversas obras que pasaron do papel á gran pantalla.
Esa análise crítica permitirá ver os cambios que se producen por mor das adaptacións, e ademais permitirá comprobar se a imaxe que nos creamos sobre unha historia se ve reflectida na obra cinematográfica creada polo director/a da película.
Outro aspecto que abordaremos será a propia creación audiovisual, empregando elementos como o croma ou técnicas como o Stop Motion para facer as nosas propias películas.
As obras escollidas para o desenvolvemento deste proxecto foron as seguintes (facendo click nelas poderedes acceder ás actividades relacionadas con elas realizadas por cada nivel):
Os tres porquiños
Cocorico
A cousa que máis doe do mundo