Unha vez que o guión da curtametraxe de 5º curso e da de 6º estivo listo, chegou o momento de comenzar a escoller quen serían os actores e actrices encargados de dar vida á cada un dos e das personaxes que nelas aparecerán.
A comezos do 3º trimestre, os alumnos e alumnas interesados en obter os papeis principais de cada curta enfrontáronse a un proceso de casting, no cal tiveron que demostrar as súas dotes para o mundo da actuación fronte a un xurado composto por catro mestras do centro.
Tras escoller aos protagonistas, os papeis secundarios foron asignados mediante un sorteo, entre os nomes dos nenos e nenas interesados en conseguir representar a cada un dos demais personaxes da curtametraxe.
Cos actores e actrices xa elixidos e despois de varios ensaios con eles e cos que se presentaron voluntarios para facer de cámaras, chegou o día da rodaxe.
Por unha banda, as nenas e nenos de 5º sairon na busca dun espazo da localidade que lles permitise recrear unha estación de tren.
Tiveron a gran sorte de que os responsables do pavi-tren do concello lles permitiron gravar algúns planos deste vehículo para simular o "Hogwarts Express".
Pola súa banda, o alumnado de 6º curso de Primaria empregou a coñecida técnica do chroma para recrear o gran comedor de Hogwarts.
Baixaron ao ximnasio do centro, lugar no que se atopa a tea laranxa, para poder rodar empregando esta técnica, facendo uso dun trípode para garantir a estabilidade dos planos.
E por fin chegamos ao remate do proxecto!
Tras a gravación das diferentes tomas e a súa montaxe nun editor de vídeo, obtivemos as tan ansiadas curtas das que levababamos falando todo o curso.
Noraboa e graciñas a todos os alumnos e alumnas que participaron neste fermoso proxecto que eles e elas mesmos motivaron coa súa ansia por afondar no mundo máxico de Harry Potter.