TURISMO

O turismo na Antártida é unha actividade relativamente nova, que se foi incrementando cos anos en cantidade de pasaxeiros. Atópase sumamente controlada e regulada en virtude do Tratado Antártico, coa fin de manter a pureza e a ecoloxía do continente.

As visitas concéntranse en moi poucos puntos, onde non hai xeo e son de gran importancia para as especies antárticas. Algúns lugares reciben ao redor de 10.000 visitantes cada tempada.

A maneira máis fácil e accesible de chegar á Antártida é cun cruceiro desde Arxentina, Uruguai, Chile ou Nova Zelandia, por exemplo.

Segundo a normativa, só barcos que transporten menos de 500 pasaxeiros poden realizar desembarcos en determinados lugares da Antártida. Ademais, só 100 persoas poden desembarcar á vez.

O continente xeado é un dos poucos lugares do planeta que aínda non foron explotados polo home. A súa beleza ,as súas illas, fiordos, glaciares e fauna son todo un espectáculo natural impresionante.

Está prohibido o uso recreativo dos drons, cuxo son ten un impacto en aves e pingüíns.

A presenza turística de España na Antártida é máis ben escasa, de feito, non hai operadores de turismo españois con actividade no continente antártico.