CARACTERÍSTICAS

Máis do 95% da Antártida está cuberto de xeo (en forma de capas, icebergs e glaciares), que contén preto do 90% de toda a auga doce do mundo. Debido a esta grosa capa de xeo, é o máis alto de todos os continentes, cunha elevación media dun 2.300 m sobre o nivel do mar.

A Antártida é o lugar máis frío, ventoso e seco do mundo : a temperatura media anual é de -50º C, a temperatura máis baixa rexistrada foi -88,3º C.

Ao sur do círculo polar antártico hai polo menos un día en que non se pon completamente o sol (solsticio de verán) e polo menos unha noite en que non sae completamente o sol (solsticio de inverno). No Polo sur xeográfico o día dura seis meses e a noite os outros seis meses.