HABITANTES

A Antártida separouse do resto de continente moito antes de que os seres humanos evolucionásemos e estivo illada desde fai máis de 35 millóns de anos.

Na Antártida non hai ningún país e non hai poboacións indíxenas, xa que o clima rigoroso e o chan xeado fan imposible exercitar a agricultura ou sobrevivir con fontes de alimento escasas. Non obstante, algúns gobernos crearon estacións de investigación alí, permanentes ou temporais, para establecer estudos sobre meteoroloxía, xeoloxía, oceanografía, etc.

No inverno, estas bases empregan aproximadamente 1.000 persoas e, no verán do sur, a época máis transitada do continente, poden chegar a 10.000.

No verán, ademais, algúns turistas aventúranse a visitar o continente.

A Antártida non ten goberno e non pertence a un país específico, pero hai sete nacións que afirman ter soberanía sobre distintas zonas do continente: Arxentina, Australia, Chile, Francia, Noruega, Nova Zelandia e Reino Unido.