BASE ESPAÑOLA SAN GABRIEL

A segunda base española que se fundou é a Gabriel de Castela, xestionada polo Exército de Terra de España, e situada na volcánica illa Decepción.

Foi inaugurada a finais de 1989 e principios de 1990..Funciona de novembro a marzo.

Atópase situada na illa Decepción , un xigantesco cono volcánico cuxo cráter foi asolagado completamente polo mar.

Os barcos acceden ao interior do cráter, onde se atopa a base a través dunha greta coñecida como “Foles de Neptuno”.

Está xestionada polo exército español.

Ten a súa orixe nun refuxio militar que foi instalado nesa localización a finais do ano 1989 e que tiña a intención de servir de apoio aos traballos topográficos e científicos .

Desde entón sufriu varias ampliacións e hoxe está dotada de modernas instalacións científicas desde as que se desenvolven impresionantes proxectos biolóxicos , xeolóxicos e climatolóxicos.


O volcán sobre o que se asenta a base está aínda activo . A última gran erupción produciuse entre 1967 e 1970 e destruíu as bases arxentina e británica que alí estaban situadas.

A base ten o nome de Gabriel de Castilla , navegante español que no século XVII foi o primeiro que avistou as terras antárticas, nunha misión de exploración que partiu do sur de Chile