BUQUES OCEANOGRÁFICOS

Un buque oceanográfico é un buque preparado para tarefas de investigación científica en mares e océanos. Algúns buques oceanográficos están construídos con capacidade polar e incluso poden estar equipados cun casco especialmente reforzado, o que lles permite operar no océano Ártico e na Antártida en distintas épocas do ano.

Os buques oceanográficos dispoñen de instrumentos para estudos de auga (temperatura, salinidade, turbidez ...)

Tamén analizan a dirección e as características das correntes mariñas e fan observacións meteorolóxicas.


España ten dúas embarcacións oceanográficas na Antártida:

O buque de investigación oceanográfica (BIO) Las Palmas é un antigo remolcador do exército español convertido para apoiar misións científicas na Antártida. Foi construído en 1978 nos estaleiros de Santander e sufriu diferentes renovacións para adaptalo ao seu novo uso e á normativa ambiental da Antártida. Ten capacidade para 36 tripulantes e 20 científicos. Actualmente apoia as misións científicas na Antáritda e suministra subministracións e alimentos ás bases da Antártida española.


Barco de investigación oceanográfica (BIO) Hesperides: tripulado pola mariña española, está deseñado especialmente para navegar polos mares da Antártida durante longos períodos, con presenza de xeo. Ten once laboratorios a bordo e capacidade para transportar 58 tripulantes e 29 científicos. Ademais de ofrecer apoio nas campañas da Antártida, BIO Hespérides fai campañas noutras partes do planeta.