FAUNA

Os habitantes máis famosos do continente xeado son os pingüíns. A eles acompáñanos outras aves, baleas, focas, peixes e crustáceos. Millóns de animais viven nesa rexión ao extremo sur do planeta, con condicións adversas.

A razón é a abundancia de comida, principalmente do krill, pequeno crustáceo considerado o prato principal da Antártida.

Ningún animal vertebrado terrestre habita a Antártida.

Durante o inverno, moitos animais migran cara ao norte e só volven ao final da estación. Non o fan debido ao frío, senón polo conxelamento da superficie da auga, que impide a procura de alimentos procedentes do mar.

Para sobrevivir neste tipo de tempo, os animais están adaptados a acumular grandes cantidades de graxa baixo a pel.

Existe unha especie en perigo crítico en extinción, a balea azul antártica. Desde 1926 ata o de agora extinguíronse un 97% de baleas azuis debido á caza.