Este curso Mica propúxonos traballar sobre pintor@s galeg@s. Despois de pensar algún tempo decidimos investigar sobre pintoras, porque sabiamos algo dalgún pintor, pero non de pintoras. Así que empezamos a buscar nomes de pintoras galegas.
Ao comezo parecía que non había case ningunha e case non atopamos información, pero "tirando do fío" resultou que había moitas, moitísimas. Pero de moitas delas foi case imposible atopar información. Nin nas enciclopedias da nosa biblio nin na rede (internet).
Con toda a información, fixemos un libro sobre elas. Pero eran tantas que non nos deu tempo a facer todas e quedamos nas que naceron no ano 1950. Outro ano poderiamos facer o resto!!!!
Tamén elaboramos uns poucos ppt sobre algunhas que escollimos.
E para o museo, decidimos escoller cada un/ha de nós un cadro que nos gustara dalgunha destas pintoras galegas e "representalo" noutra das Artes: a fotografía.
Foi divertido e queremos compartilo con vós. Por iso preparamos uns vídeos , se queredes velos, empregade estes códigos QR:
Mª Antonia Dans: A nena e a chuvia- Miriam
Concha Vázquez: Naiciña- Andrea
Xulia Minguillón: A Tyla e mais eu- Clara
Mª Victoria de la Fuente Alonso: Flores- Jaime
Maruxa Mallo: Retrato con flor- Vanesa
Mª do Carme Corredoira: A leiteira- Jennis
Elvira Santiso: Retrato de Andrés Díaz de Rábago- Breixo
Carme Babiano Méndez Núñez: As pitas- Noa
Carme Rodríguez de Legísima: Retrato do seu pai- Yago