Este ano os nenos e nenas de 3º de primaria traballamos moito no proxecto da biblioteca “O muro dos artistas”. Despois de ver o vídeo de presentación do proxecto puxémonos a pensar que cousas sabíamos e que cousas relacionadas coa arte nos gustaría investigar, buscamos que era a arte e a partir de aquí fomos a aula de informática a seleccionar información.
Cada un de nós escolleu un cadro e logo de buscar información sobre o mesmo e sobre o seu pintor xustificamos porque nos gustaba e puxémoslle un título novo.
Finalmente, como case non traballaramos nada en grupo e despois de moito pensar, decidimos facer por grupos tres cómics diferentes nos que os protagonistas eran os seres vivos dos nosos cadros. Foi moi divertido!
Esperamos que vos guste!