O Modelo SEM (schoolwide enrichment model) supón desenvolver o traballo de cada alumn@ en tres pasos:
1. Estimulal@s para que atopen algo que lles resulte interesante.
2. Ensinarlles a investigar, a buscar información, a seleccionala e procesala... (o que sería o proceso de aprendizaxe tradicional)
3. Realizar un produto final que se expoña non so na aula, senón tamén fóra.
É sumar MOTIVACIÓN + TALENTO + PERSISTENCIA NA TAREFA
Neste modelo o profesor ou profesora convírtese nun facilitador da aprendizaxe; dunha aprendizaxe que pretende optimizar o proceso de ensino respectando a indvidualiade de cada alumno e alumna. Busca proporcionar unha aprendizaxe enriquecedora, significativa e creativa, que desenvolva o talento individual a partires dos intereses personais d@s nen@s. É un modelo centrado no desenvolvemento das competencias claves: creatividade, comunicación, colaboración e pensamento crítico; e atende á diversidade de capacidades.
O realmente importante non é a maior ou menor calidade do produto final conseguido, senón o proceso desenvolvido ata chegar a el.
Aquí podedes ver á nosa profe Ainhoa explicándollo exhaustivamente ás familias. É moi necesario facelo. Os cambios pedagóxicos sempre precisan dun tempo de transición, porque, de entrada, producen incertidume.