PINTOR@S GALEG@S E AS NOSAS ÁRBORES
Comezamos este proxecto elixindo distintos temas que nos gustarian traballar neste curso .Finalmente escollimos a natureza e o relacionamos coas árbore autóctonas , as que temos ao noso redor, e buscamos pintor@s galeg@s que fixeran obras nas que apareceran "as nosas árbores".
Primeiro comezamos buscando pintores galegos na aula de informática e iso o realizamos durante dúas sesións. A continuación escollimos os pintor@s que posuían algunha obra na que aparecía algunha árbore, e despois buscamos información sobre a biografía de ditos artistas. Selecionamos dita informaciòn e elaboramos os nosos traballos.
En segundo lugar recollimos información dos nomes das árbores que son propias do contorno de Galicia e de seguido nos repartimos dúas árbores para cada un de nós. Buscamos as características principais de cada árbore e elaboramos os nosos traballos.
Por último, nesta primeira parte do proxecto, traballamos as siluetas da árbores e as das follas que fixemos cada un de nós ,algúns trouxemos follas das árbores que investigamos e froitos.
E para rematar a primeira parte do proxecto, elaboramos "O rap das nosas árbores" e tamén localizamos os museos máis importantes de Galicia.
https://www.youtube.com/watch?v=cyYFnVckKpY
Na segunda parte do noso proxecto traballamos o arte virtual no que primeiro, visitamos bosques do mundo en3D utilizando as gafas virtuais.
Visitamos galerias virtuais e museos de Galicia, España e de distintas partes do mundo. Primeiro, fomos a unha galería virtual. Despois visitamos os seguintes museos:
Museo de Viladonga-Lugo
Museo Pedagoxico
Museo do Prado en Madrid
Museo de Van Gogh en Amsterdam
Museo do Louvre en París
Museo Británico de Londres
E por último e non menos importante, como nos gustou tanto o mundo virtual, nos preguntamos si tamén se podía pintar virtualmente, e quedamos abraiados coa nosa información.
Descubrimos un mudo novo : Artistas virtuais.
Puidemos ver que hai artistas virtuais que pintan no aire, e que existe unha aplicación coa que os diseñadores crean as súas propias obras en espazos tridimensionais.
ALUMNOS DE 4º CURSO DE PRIMARIA: SERGIO, ALBA, ÁLEX, ROCÍO, ICÍA, EMMA, ANTÓN.