1. Visitamos a exposición Sonoro empeño na Fundación ABANCA, en Ferrol.
Trátase dunha iniciativa que explora as conexións entre a música e as artes plásticas, a través da obra de artistas galeg@s como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luis Caruncho, Luis Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño ou Xaime Quesada, entre outr@s.
2. Polo Samaín, @s nos@s artistas puxéronse a imaxinar monstros. Encheron o corredor de criaturas terroríficas que fixeron tremer ás familias que viñeron velas.
3. Cando chegou o outono, Micabigotes pediunos que fixéramos literatura e arte coas follas caídas. Estas creacións, nas que tamén participaron as familias, pasaron a formar parte dunha pequena exposición que foi colocada á entrada do cole.
4. Para o 20 de Novembro, Día dos Dereitos da Infancia, construímos un gran mural coas pezas aportadas por cada un. Tod@s somos artistas.
5. Polo Día da Paz, tod@s xunt@s, fixemos un gran mural para a entrada do cole, o Guernica de Picasso en color.
6. O 27 de febreiro visitamos, no Museo de Humor de Fene, a exposición da ceramista fenesa Carme Romero. Ela mesma foi quen nos recibiu e nos explicou o proceso creativo das súas obras.
7. A Biblioteca convocou un Concurso de Logos para a Editorial Micasmil, na que puidemos demostrar as nosas dotes artísticas.
8. No Día da Ilustración Micabigotes preparou para nós unha exposición sobre a obra das ilustradoras e ilustradores galeg@s.
9. Pintamos a "Árbore de Mica".
10. Pola Candeloria, con moito amor, fixemos papiroflexia.
11. Fixemos retratos de Rosalía nos vidros dalgunhas ventás.
12. Polo 8 de marzo, montamos a exposición "8 pintoras galegas".
13. Para celebrar o Mes da Poesía "diseñamos" roupa.
14. En abril, para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, adaptamos ao comic algunhas das obras de Hans Christian Andersen.
15. Mestras tivemos con nós a Maleta da Igualdade, non só desfrutamos coa lectura, senón que tamén ilustramos as portadas dos libros.
16. Tamén ilustramos os nosos libros favoritos para conmemorar o Mes do Libro.
17. Visitamos a exposición de Beatriz Seijo na Casa da Cultura de Fene.
18. O 10 de maio @s artistas fenes@s Francisco Pérez Porto e Carme Romero viñeron explicarnos o proceso de pintura na cerámica.
19. Polas Letras realizamos retratos de María Victoria Moreno.
20. E moitas outras cousas:
Diseñamos papeletas de votación.
E escudos para a titoría entre iguais.
Inauguramos o logo da Editorial Micasmil
As mamás artistas da ANPA Río de Vaa aportaron este fantástico panel para o Espazo Maker.
Estreamos a "Mica móbil".
Coloreamos moito.
Plasmamos no chan do patio a visita do bombeiro ecoloxista Hutchinson e o seu can Starski.
Inventamos haikus
Diseñamos o cartel anunciador para o Museo Arco da Vella.
Fixemos máis retratos de moi diferentes estilos.
Pintamos moitos cadros.
E aprendimos a pintar como Leandro Lamas!