Os alumn@de 1º e 2º despois de ver o video que nos preparou Micabigotes para os Proxecto deste curso falamos en clase sobre o que era unha obra de arte e que obras de arte coñeciamos. Despois decidimos buscar información sobre pintores e pintoras galegas e vimos algúns cadros de cada un na PDI. Tamén traballamos cun libro que atopamos na Biblioteca( "¿En qué OBRA DE ARTE te gustaría vivir? de Violeta Monreal), e a partir de aquí, por parellas eleximos un cadro dun pintor ou pintora galega e comezamos o nosos traballo. Cada membro da parella fixo a súa versión do cadro elexido e ao final fixemos un mural cos debuxos e coa información.