FACENDO DE DETECTIVES: descubrindo como se transforman as moléculas

O obxectivo fundamental deste proxecto é o achegamento da investigación que se realiza nas nosas facultades ao alumnado de bacharelato. O proxecto céntrase na determinación estrutural de determinados compostos a partir das técnicas espectroscópicas máis frecuentes: RMN de H+ e C-13, espectrometría de masas e espectroscopía de IR.

Os métodos espectroscópicos son métodos ópticos que se basean na interacción do espectro electromagnético coa materia. Esta interacción é tan específica que permite identificar que tipo de mostra interactúa e que cantidade de materia interactuou. Isto corroborará se os compostos que foron propostos a partir dunha reacción química se corresponden cos plantexados de xeito teórico.

TITORES UDC:

Luis A. Sarandeses da Costa.

Luis Sarandeses naceu en Lugo, en 1963. Estudou Química na USC e obtivo o doutoramento en 1989. Despois dunha estadía na Universdiade de Joseph Fourier de Grenoble entre os anos 1990-1991. Ingresou na Universidade de A Coruña onde é profesor titular desde o ano 2009.

Os seus interes de investigación céntranse na síntese orgánica e na síntese de produtos naturais e compostos farmacoloxicamente activos.

Jaime Rodríguez González

Jaime Rodríguez é profesor titular de Universidade da Coruña desde o ano 2000 pola área de Química Orgánica no Departamento de Química Fundamental da Facultade de Ciencias. Obtivo a súa Licenciatura en Ciencias Químicas no ano 1988 e o Doutoramento en Química Orgánica (1991) pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois estivo catro anos na Universidade de California (Santa Cruz) como Investigador Asociado no grupo do Profesor Phil Crews. Actualmente é directgor do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, CICA, da UDC.

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

2020 STEMBach Eusebio stembach.eusebio @gmail.com