Decembro, 2020
Daniel Vázquez ex alumno do IESP Eusebio da Garda é Enxeñeiro e traballa como investigador en Dinamarca en Enerxías renovables. Pasou polo noso centro para compartir a súa experiencia na etapa de doutoramento e sobre as opcións laborais para continuar una investigación en áreas Stem.
10 Febreiro, 2021
O investigador do INIBIC visitounos para compartir con nós os últimos avances en Neurociencia. Descubrimos que as neuronas "soan", que podemos xa "medir" o comportamento de ratos con luz infravermella ou que os avances tecnolóxicos permiten estudar os 80.000.000.000 de neuronas que temos na cabeza. Por exemplo, aprendimos que hoxe en día rutinariamente xa se implantan marcapasos cerebrais que permiten regular os tremores e moito máis.
24 Marzo , 2021
Visita as instalación do CICA (Centro de Investigacións Avanzadas) da UdC para coñecer o traballo de investigación da mán dos seus investigadores/as.
O 24 de Marzo o alumnado do StemBach realizou unha visita ao CICA (Centro de Investigacións Científicas avanzadas) da Universidade da Coruña. Alén de coñecer as instalacións do centro e o seu funcionamento, durante dúas horas puidemos coñecer de primeira man o traballo diario dos diferentes grupos de investigación. Os investigadores/as compartiron o seu tempo connosco, e foron explicando os detalles dos seus proxectos de investigacións nos propios laboratorios do centro. Queremos agradecer ao director do centro, Jaime Rodríguez e a todo persoal investigador pola súa colaboración e amabilidade.
28 Abril , 2021
Juan Domingo Gisbert é enxeñeiro de telecomunicacións e responsable da Unidade de Neuroimaxen da Fundación Pasquall Maragall de Barcelona. Impartirá un relatorio por videconferencia titulada: "A enfermidade de Alzheimer comeza antes do que pensamos: Que podemos facer?" na que abordará diversos aspectos sobre a actualidade da enfermidade de Alzheimer e o traballo da Plataforma de Neuroimaxen da Fundación.
24 Setembro , 2021
Co gallo da celebración en Galicia da Noite europea das persoas investigadoras, o INIBIC convidounos a participar dunha actividade na Domus para coñecer o traballo que realizan os/as investigadores/as nalgunha algunhas áreas como a Neurociencia, A Enxeñaría Biomédica, e a Biomedicina.
17 Novembro, 2021
Visita ás instalación do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) de A Coruña.
O 17 de Novembro o alumnado do StemBach realizou unha visita ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) de A Coruña. Durante dúas horas puidemos coñecer as distintas salas de exposición do museo nas que se atopan, entre outros, a parte dianteira e o tren de aterrizaxe do Boeing 747 que trouxo o Guernica a España, doado por Iberia, ou a montaxe do primeiro acelerador de partículas deseñado e construido na Xunta de Enerxía Nuclear hacia 1957. Para rematar, visitamos a exposición temporal conmemorativa do 150 aniversario da Táboa Periódica.
Xaneiro, 2021
LaTeX é unha potente ferramenta de edición de textos é un sistema de composición de textos, dirixido á creación de docuemntos escritos que presentan unha alta calidade tipográfica. Polas súas característica e posibilidades, úsase especialmente na xeración de artigos e libros científicos que inclúen, entre outros elementos, expresións matemáticas ou científicas. es.wikipedia.org/wiki/LaTeX
Marzo, 2021
Abril, 2021
Maio, 2021