CROMATOGRAFÍA EN CAPA FINA (TLC)

A partir da realización dunha experimentación no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía, os estudantes STEM serán quen de suxerir a identidade de distintos tipos de pigmentos vexetais mediante a tomar de medidas a partir do cromatograma que desenvolvan, a observacións da morfoloxía de distintas moléculas de pigmentos e o coñecemento do principio que funciona na cromatografía en capa fina (TLC, thin layer chromatography).

Esta actividade avanza o traballo posterior que realizarán os rapaces nos seus propios proxectos de investigación. Eles serán quen de seguir atentamente as instrucións para producir con éxito os seus resultados, serán quen de rexistrar valores de distintas variables. Tentarán intepretar as causas deses resultados á luz dos seus coñecementos e da posta en práctica de todas as súas ferramentas cognitivas, matemáticas e científicas a súa disposición. Por último poderán propor aplicacións as súas investigacións ou previr anticipadamente deseños de laboratorio tendo en conta varias variables, para aforrar tempo e recursos.

1 - PROTOCOLO - CROMATOGRAFÍA TLC DE PIGMENTOS FOTOSINTÉTICO.pdf
2 - FOLLA DE TRABALLO - CROMATOGRAFÍA TLC DE PIGMENTOS FOTOSINTÉTICO.pdf
3- AVALIACIÓN-CROMATOGRAFÍA TLC DE PIGMENTOS FOTOSINTÉTICO.pdf

2020 STEMBach Eusebio stembach.eusebio @gmail.com