DOCENTES

Óscar Rodríguez de Dios

Profesor de Filosofía no IESP Eusebio da Guarda.

A longo dos pasados anos tiven a fortuna de poder aprender coma investigador e docente en diversas institucións educativas e culturais en Madrid, Alemania, Brasil e Andalucía. Neses lugares tamén traballei e colaborei en proxectos de investigación, e en proxectos de dinamización educativa, cultural e científica.

Se tivera que escoller algunhas experiencias que me gustaría que aportaran neste programa, penso que serían:

O traballo en común sobre a Filosofía e as Humanidades Dixitais co colectivo Proxecto Derriba; o compromiso cunha ciencia aberta e cidadá coa asociación Científicos por el Medio Ambiente; o horizonte de convivencia democrática e participación que contemplei no Programa de Educación Pestalozzi do Consello de Europa e na Marea Verde en Cádiz; e o esforzo e a ilusión de docentes e alumnos/as por por abrirse a novos contextos, na miña labor como avaliador e docente de Proxecto educativos europeos no Programa Erasmus+.

Loli Blanco Vieites

Profesora de Física e Química no IESP Eusebio da Guarda.

Dende moi nova sempre tiven un gran interese pola investigación científica que puiden poñer en práctica durante os meus estudos da licenciatura e suficiencia investigadora na Facultade de Química da USC e no laboratorio de cementos de Oural (Lugo). Pero recén rematada a carreira comecei a traballar na docencia e dende aquela disfruto moito coa miña profesión.

Creo que en calquera método de ensino é moi importante o trato co alumnado e intentar que este obteña a mellor aprendizaxe posible participando en diferentes programas escolares, entre os que destacaría: Día da Ciencia na Rúa na cidade da Coruña, programa Consumópolis, ConCiencia con Enerxía da Fundación Repsol e Clubes de Ciencia dos diferentes institutos nos que impartín clase.

Chus Mourazos

Profesora de Bioloxía e Xeoloxía no IESP Eusebio da Guarda.

D

Minia Prego Cabeza

Profesora de Física e Química no IESP Eusebio da Guarda.

D

Beatriz Sixto

Profesora de Matemáticas no IESP Eusebio da Guarda.

D

Daniel Varela Varela

Profesor de Física e Química no IESP Eusebio da Guarda.

D

2020 STEMBach Eusebio stembach.eusebio @gmail.com