MÓDULO 1: CIENCIA, TECNOLOXÍA, SOCIEDADE E MEDIO AMBIENTE (CTSA)

No Módulo CTSA trátase de comprender os diferentes aspectos do fenómeno científico-tecnolóxico, tanto no que respecta aos seus condicionantes sociais, e económicos, coma no que incumbe ás súas consecuencias sociais e ambientais.

As complexas relacións entre todos estes aspectos fan que sexa prioritario proporcionarlle ao alumnado ferramentas de análise e valoración multicriterio, xunto coas ferramentas argumentativas e a capacidade de debater, para poder participar nos procesos de deseño de solucións en contextos con problemas complexos.

A metodoloxía didáctica escollida é a que se desenvolve a partir do Estudo de casos simulados. O estudo de casos permite expor controversias ao redor de decisións nas que a ciencia, a tecnoloxía, a sociedade e o medioambiente están estreitamente involucrados, permite ir máis aló das análises conceptuais e promover nas aulas experiencias de aprendizaxe dos procesos de participación pública e toma de decisións.

Para levar a cabo o caso simulado, é necesario proporcionar unha secuencia organizada das condicións nas que se vai a promover a formación nas habilidades para participar de forma activa na sociedade, a través da reflexión, análise crítica e a toma de decisións co coñecemento das relacións CTSA que se producen tanto a nivel local, nacional ou global.

Módulo CTSA_Programa.pdf
Tabla criterios decisión.pdf

2020 STEMBach Eusebio stembach.eusebio @gmail.com