CITOTOXICIDADE E NANOPARTÍCULAS

CITOTOXICIDAD Y NANOPARTICULAS.v.1.

PRÁCTICA E MÁIS PRÁCTICA

Neste módulo iniciaremos o traballo in situ no laboratorio. Neste caso desenvolveremos as sesións tanto no laboratorio de Bioloxía como no seu departamento. Durante as 2-3 sesións previas a subir ao laboratorio de DICOMOSA (consultar Proxectos), tentaremos afondar sobre o manexo de material habitual nos laboratorios de experimentación coas ferramentas que temos ao noso alcance. Faremos disolucións de todo tipo e espectrofotometría. Se tiveramos tempo introduciremos a exposición oral en distintas linguas, pois é esencial no eido da ciencia, a busca e presentación de bibliografía e o traballo cos textos académico. No obstante, estes tres últimos puntos serán os tratados na Elaboración do proxecto en si mesmo, antes ou despois de verán, segundo a conveniencia.