ESTUDO DA CITOTOXICIDADE DE NANOPARTÍCULAS EN CULTIVOS CELULARES
Este proxecto ten como finalidade estudar a toxicidade de nanopartículas en células humanas mediante ensayos de laboratorio.
Vanessa Valdeiglesias
Vanessa Valdeigleisas (A Coruña, 1980) é a titora principal deste proxecto, xunto con Natalia. Vanessa traballa desde 2010 como investigadora contratada pola Universidade de A Coruña e pertence a AMIC, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas. En 2019 recibiu o premio Emergent Scholar 2019 da Asociación Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría pola súa destacda carreira en investigación sobre o envellecemento e en 2015 foi recoñecida como a mellor investigadora nova de Europa por European Society for Environmeltal genomics and Mutagenesis.
Valdeiglesias completou o seu doutoramento en Bioloxía na Universidade da A Coruña en 2010, investigando os efectos citoxenéticos e moleculares da toxina mariña o ácido ocadaico en diferentes liñas celulares humanas. Actualmente traballa como investigadora contratada no CICA, no grupo de investigación DICOMOSA (Grupo de investigación en diagnóstico comportamental e molecular aplicado á saúde) da Universidade de A Coruña. O seu traballo científico céntrase na validación de biomarcadores para a identificación precoz da fraxilidade, unha síndrome xeriátrica de declive funcional e cognitivo asociada a un aumento da vulnerabilidade na idade adulta. Ficha