Título da tarefa: Por un rural vivo
Título da tarefa: Por un rural vivo
O obxectivo final da vosa investigación como comisión de expertos/as que sodes é propoñer unha serie de medidas para dar solución ao problema da despoboación. Para elo, contades coa axuda de recursos que vos servirán para afondar no tema (información que atoparedes na pestana Recursos) e ademais, vós mesmos obteredes información exclusiva mediante entrevistas que debedes realizar aos vosos familiares maiores (avós e avoas, pais e nais, tíos procedentes do rural), pois, como ben di Sherlock Holmes, "non hai nada como probas de primeira man".