Para facer un bo traballo é esencial ter claros os pasos a seguir. É aquí a descrición do proceso que seguiredes.
Formación de grupos de 4 integrantes.
Visualización e lectura dos recursos (pois só así entenderedes ben o tema.)
Reflexión grupal sobre a información extraída dos recursos.
Cada membro do grupo debe realizar dúas entrevistas a familiares que marcharan do rural á cidade ou viceversa. A carón, deixámosvos un modelo de entrevista que vos pode servir de guía
Posta en común da información obtida nas entrevistas e elaboración de conclusións.
Redacción das medidas que credes que poden servir de solución ao problema da despoboación. (Debedes incluir, como mínimo, cinco medidas e cada unha delas debe estar argumentada.)
Presentación do traballo ante a clase. Cada grupo exporá ante o resto da clase as ideas que lle resultaron máis chamativas das entrevistas e, posteriormente, as medidas que consideran necesarias para salvar o rural.