En resumo, estas actividades son un xeito de achegarnos ós problemas cotiás os que teremos que facer fronte ao longo das nosas vidas. Grazas a estas actividades tamén afondaremos no emprego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, traballando dun xeito máis informal. O traballo en grupo tamén procura mellorar e fortalecer as relacións establecidas entre os alumnos e alumnas, á vez que permite que todo o mundo expoña a súa opinión nun esforzo colectivo por colaborar para que o rural non languideza. Xunt@s podemos!