A despoboación é un fenómeno que está a afectar con dureza a España, especialmente aquelas zonas coñecidas como "España vaciada", nas que o éxodo rural (é dicir, a emigración cara as cidades) está deixando sen habitantes a vilas e aldeas. Galicia, Asturias ou Castela e León atópanse entre as comunidades de España máis afectadas por este fenómeno. Na actualidade evidenciouse esta problemática polas demandas da súa poboación, en pé pola defensa do rural e demandando a igualdade no acceso aos servizos básicos como educación ou saúde. Dende os gobernos estanse a crear comisións de expertos para propoñer medidas que pemitan frear a destrución do rural. Nesta investigación, convertirédesvos nunha desas comisións de expertos acudindo ó rescate do mundo no que viviron os vosos avós e avoas.
Abandono da produción local: cando os agricultores e gandeiros se ven obrigados a abandonar o rural, marcha tamén con eles a produción dunha morea de alimentos locais, que doitan ser de mellor calidade que os obtidos nun hipermercado. Coa perda de produción increméntase a importación de alimentos de fóra, feito que implica un maior consumo de combustibles fósiles e unha maior emisión de gases contaminantes.
Perda da memoria histórica do pobo: no momento no que os habitantes emigran cara as cidades levan consigo millóns de historias e tradicións.
Perda de biodiversidade: desaparición de flora e fauna autóctona.
Cidades insostibles: coa chegada masiva de xentes ás cidades, moitas veces resulta dicícil poder xestionalas. En moitos casos, prodúcese unha saturación dos servizos públicos (como os hospitais) e os prezos das vivendas son cada vez máis altos. Ademais, a concentración de gases contaminantes é outro dos grandes problemas.
Aumento dos incendios forestais: a falta de coidado dos bosques e pastos provoca que estes se sequen ocasionando numerosos incendios.
Perda do patrimonio cultural: aqueles monumentos ou lugares conmemorativos perderanse posto que, ao non haber habitantes, non teñen o coidado necesario para manterse en bo estado.