Este recurso foi elaborado polo alumnado de 1º curso do Grao en Educación Primaria do Campus de Ourense co obxectivo de concienciar sobre os problemas que afronta o rural galego na actualidade. Para iso proporciounouselle ó alumnado unha serie de noticias de actualidade e de páxinas web coa finalidade de que os diferentes grupos reflexionen sobre estas cuestións, debatindo e contribuíndo con posibles solucións.
Esta temática abordaríase na materia de Ciencias Sociais, correspondente co bloque III- Vivir en sociedade- sobre a poboación en Europa e España. Dita tarefa está dirixida ó alumnado de 5º de Educación Primaria. A duración desta actividade é de dúas semanas pois empregaríanse catro sesións da materia de Ciencias Sociais.
Este recurso foi elaborado por: Álvaro Herves Fortes, Marta Martínez Prado e Iria Matías Basteiro.
Ferramentas empregradas : Google Sites, Canva e Pixabay.
Contacto: cachelosprimaria@gmail.com
Para máis recursos, visita o noso blog Educando Galopíns.