Presentación do traballo apoiándose nas TIC (power point, audiovisual....) deberedes presentar a investigación realizada ante as vosas compañeiras e compañeiros incluíndo unha breve explicación do tema( podedes facer un resumo da información que obtivestes nos recursos) e referencias as entrevistas realizadas. Cada membro do grupo debe expor as ideas máis relevantes das dúas entrevistas que realizou. Posteriormente, o grupo presentará as medidas acordadas para dar solución á despoboación do rural. Debedes incluír ,canto menos, cinco medidas argumentadas. A presentación non debe durar máis de 10 min.
Escolla do mellor grupo de expertos/as: primeiramente, cada grupo emitirá un voto polo que consideran o mellor grupo de expertos (non vale votarse a un mesmo). Logo, a mestra/e escollerá entre os tres grupos máis votados o equipo gañador, seguindo os criterios que se recollen á dereita.
Cada membro do grupo gañador poderá recibir un destes premios:
Escoller unha película para ver na aula.
Un punto máis no exame.
Dous comodíns "líbrome": pódese intercambiar o comodín por non facer os deberes dun día.
Vixiante da aula durante unha semana: en ausencia do titor/a o alumno será o encargado de velar pola orde da clase