Os dilemas morais

Traballamos os problemas morais o 14 febreiro.

Hai uns días picouse a miña bicicleta. Tiven que cambiar a cámara. É un fastidio cambiar cámaras. Digamos que foi un pequeno problema. E ti, cal é o último problema ao que che enfrontaches?

E cal é o último problema de certa entidade ao que che enfrontaches? Algo que che ocupara máis a cabeza do que ocupa cambiar unha roda….

Na nosa vida diaria, todos os seres humanos temos que enfrontarnos a infinidade de problemas. Para resolvelos razoamos, solicitando previamente información dos distintos saberes e as distintas ciencias que compoñen o coñecemento humano. Así, para resolver problemas matemáticos usamos das matemáticas, para resolver problemas económicos da economía e así sucesivamente.

O certo é que hai unha clase de problemas especiais; son os problemas morais. Problemas morais son os problemas que se nos expoñen acerca dos nosos costumes, as nosas actitudes, os nosos proxectos ou as nosas accións. Son problemas do tipo: debería esforzarme por escoitar máis aos demais?  Estou a ser demasiado amable? En que quero traballar?, ou é lícito mentir nesta situación concreta?

Hai infinidade de problemas morais. Algúns son tan habituais que nos abordan practicamente cada día e resolvémolos dunha forma case automática. En cambio, outros se nos presentan unha soa vez na vida. Algúns son relativamente simples e non presentan moita dificultade para resolvelos, en tanto que outros son tan difíciles que se tarda moitísimo tempo en tomar unha decisión, ou non se toma nunca.