Obradoiro "Risco cero"

O alumnado de 3º ESO participou no obradoiro “Risco cero” o mércores, 22 de marzo, de 12.25h a 14.05h. A charla correu a cargo de dúas doutoras do SERGAS, que presentaron ao alumnado unha aplicación móbil dirixida a adolescentes, pais e docentes, cuxa finalidade é proporcionar unha información completa e actualizada sobre métodos de anticoncepción, prácticas sexuais seguras e enfermidades de transmisión sexual. As dúas ponentes insistiron na necesidade de manter relacións sexuais seguras para previr ditas enfermidades (que van en aumento entre a rapazada), ademais de evitar embarazos non desexados.