Obradoiro afectivo-sexual

O alumnado de 3º ESO participou na actividade “Educación afectivo-sexual”, promovida polo organismo Quérote +, celebrada o mércores, 12 de abril, de 12.25h a 14.05h. A charla foi impartida por unha psicóloga e sexóloga que desempeña o seu labor nos centros Quérote +, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O obxectivo dos centros Quérote + é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.

A través deste obradoiro preténdese:

-Transmitir a concepción da sexualidade dun xeito plural, respectar á diversidade, aceptar a igualdade dentro da diferenza, explorar os medos e a potenciar as fortalezas, os desexos, buscar o pracer de xeito construtivo e duradeiro, e ser responsables das condutas propias-

-Promover o respecto á diversidade, o dereito á diferencia sexual, o respecto polos sexos e a valoración positiva dos mesmos.

-Apoiar e asesorar na resolución das dificultades no eido da sexualidade que actualmente inciden na sociedade (embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, homofobia, transfobia, situacións de desigualdade, etc.)

-Promover as habilidades que fomenten a convivencia entre os sexos.